Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

10 resultados

  • 1 Páxinas
  • 1
  • 11ª Convocatoria Bolsas Eurolingua

    Inscricións:

    Ata o 21/04/2024

    Eurolingua Venairlanda convoca 20 bolsas para a realización de cursos de inglés en Irlanda de 2 semanas de duración, durante o verán de 2024, nun programa de inmersión lingüística dirixido a estudantes universitarios, de secundaria, bacharelato ou FP.

  • Bolsas ICEX de Internacionalización Empresarial

    Inscricións:

    Dende o 11/03/2024 ata o 02/04/2024

    ás 14:00 horas.

    Convocatoria para a concesión das Bolsas de Internacionalización Empresarial de ICEX a fin de realizar un Máster universitario en GestiónInternacional da Empresa (MBA in International Management) (Fase 0), prácticas na rede de Oficinas Económicas e Comerciais de España no exterior (Fase I), así como prácticas en empresas, entidades ou organismos internacionais dos que España é membro (Fase II).

  • Prazas de profesorado en Seccións Bilingües de español en centros educativos estranxeiros

    Inscricións:

    Dende o 14/03/2024 ata o 05/04/2024

    14:00 horas.

    O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca prazas de profesorado en Seccións Bilingües de español en centros educativos non universitarios de Bulgaria, China, Eslovaquia, Hungría, Polonia, República Checa, Romanía e Rusia para o curso 2024-2025.

  • Bolsas Santander Estudos - Erasmus 2024/2025

    Inscricións:

    Ata o 19/03/2024

    Estas bolsas teñen por obxecto axudar aos estudantes universitarios matriculados na UDC que vaian realizar unha estadía Erasmus+ de estudos ou prácticas para o curso académico 2024/25, fomentando deste xeito a mobilidade dos estudantes no ámbito da Unión Europea, así como fomentando a súa empregabilidade despois da súa estadía internacional.

  • 11 bolsas Europa FP - Proxecto Acoreuropa XII

    Inscricións:

    Dende o 05/03/2024 ata o 25/03/2024

    O Concello da Coruña, a través da Concellería de Educación, Emprego e Relacións Institucionais, convoca o programa "A Coruña no mundo: Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa XII", dirixidas a persoas con titulación de grao superior de FP para realizar prácticas formativas en empresas de diversos países de Europa.

  • Programa Arquia/Bolsas 2024

    Inscricións:

    Ata o 05/04/2024

    ata as 12:00 h.

    A Fundación Arquia convoca a XXV edición do concurso Arquia/Bolsas, destinadas a estudantes nos últimos anos da carreira e a novos arquitectos recentemente titulados, para a realización de prácticas profesionais en estudos de Arquitectura e institucións culturais e do sector.

  • Bolsas Máster Iberdrola España 2024

    Inscricións:

    Ata o 31/03/2024

    Iberdrola España presenta a súa convocatoria de bolsas para estudiois de máster 2024-2025, para contribuír á excelencia na formación de mozas, dotándoos dun alto grao de cualificación que lles facilite o acceso ao primeiro emprego.

  • Bolsas iEduex 2024. Ano Escolar en USA

    Inscricións:

    Ata o 15/04/2024

    O Programa de Bolsas iEduex ten como obxectivo facilitar a entrada a estudantes de secundaria entre 14 e 18 anos e medio nun programa académico de Ano Escolar en Estados Unidos co obxectivo de mellorar o seu coñecemento da lingua inglesa.

  • Proxecto ICEX Vives de prácticas formativas no estranxeiro

    Inscricións:

    Dende o 01/01/2023

    ata o esgotamento do crédito orzamentario.

    ICEX España Exportación e Investimentos pon o marcha o "Proxecto ICEX Vives", que ten como fin a realización de prácticas non laborais en empresas españolas no estranxeiro ou filiais destinadas a mozos entre 18 e 30 anos con titulación universitaria ou de formación profesional.

  • Convocatoria de bolsas mobilidade internacional de estudantes para prácticas

    Inscricións:

    Ata o 15/05/2024

    As persoas candidatas deberán completar as súas solicitudes un mes (30 días naturais) antes da data prevista para o inicio da mobilidade.

    A Univesidade da Coruña ten convocadas as bolsas de mobilidade internacional de estudantes para prácticas en empresas programa Erasmus + prácticas (SMT) Curso 2023/2024.

resultados 10

  • 1 Páxinas
  • 1

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión