Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Bolsas e axudas

resultados 53

  • Subvencións na área de Servizos Sociais da Deputación da Coruña para o 2020

    balanza

    Inscricións:

    Ata o 13/03/2020

    ata as 14:00 h.

    *agás o "Programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de programas sociosanitarios durante o ano 2020": prazo ata o 03/03/2020 ás 14.00 h.

    A Sección de Servizos Sociais Deputación Provincial da Coruña convoca para o 2020 os programas de subvencións dirixidas a entidades sen ánimo de lucro da provincia.

  • Subvencións na área de deportes da Deputación da Coruña para o 2020

    balones

    Inscricións:

    Ata o 13/03/2020

    ata as 14:00 h.

    O Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes da Deputación Provincial da Coruña convoca para o 2020 os programas de subvencións dirixidas a clubs y entidades deportivas sen ánimo de lucro da provincia.

  • Subvencións da área de Cultura da Deputación da Coruña para o 2020

    logo da deputación

    Inscricións:

    Ata o 06/03/2020

    ata as 14:00 h.

    A Área de Cultura da Deputación Provincial da Coruña convoca 6 liñas de axudas para o ano 2020 dirixidas a entidades sen ánimo de lucro da provincia

  • 3 bolsas para a formación práctica no Congreso dos Deputados

    Leóns Congreso Deputados.

    Inscricións:

    Ata o 05/03/2020

    A Mesa do Congreso dos Deputados convoca bolsas para a formación práctica de licenciados universitarios con coñecementos especializados na Unión Europea e o sistema constitucional e parlamentario español.

  • Bolsas WONNOW AWARDS 2020

    Cartel co nome do premio

    Inscricións:

    Ata o 30/04/2020

    CaixaBank e Microsoft convocan conxuntamente os Premios WONNOW 2020, cuxa finalidade é galardoar a excelencia, tanto académica como persoal, de mulleres estudantes da área de ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas nas que a presenza feminina é reducida.

  • 20 bolsas de formación en materia de arquivos

    Arquivadores e caixas.

    Inscricións:

    Ata o 18/03/2020

    A Consellería de Cultura e Turismo convoca bolsas de formación relacionada cos procesos técnicos que se realizan no ámbito dos arquivos e os seus fondos documentais. As persoas bolseiras realizarán a súa actividade nos arquivos do Sistema de Arquivos de Galicia e nos servizos centrais da Consellería.

  • Bolsas Europa FP - Proxecto Acoreuropa IX

    Xente nova reunida.

    Inscricións:

    Dende o 02/03/2020 ata o 23/03/2020

    O Concello da Coruña convoca 12 prazas do programa educativo Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa IX dirixidas a titulados/as de ciclos superiores de FP, para facer prácticas formativas de tres meses de duración en empresas de diversos países europeos.

  • XIX Convocatoria de axudas á creación 2020-2021 Fundación Antonio Gala

    Baixo o texto en maiúsculas "Fundación Antonio Gala para mozos creadores" a firma do escritor.

    Cando:

    de outubro de 2020 ata maio de 2021

    Inscricións:

    Ata o 31/03/2020

    A Fundación Antonio Gala convoca anualmente as prazas de aloxamento e manutención para mozos creadores de entre dezaoito e trinta anos. O propósito destas bolsas é facilitar a mozas de prometedora traxectoria nas súas respectivas disciplinas (narrativa, poesía, teatro, composición musical, pintura, escultura, arquitectura...) o desenvolvemento dun proxecto de creación durante o curso académico 2020 - 2021.

  • Idiomas do Mundo 2020

    Maletas e bolsas de viaxe.

    Inscricións:

    Dende o 17/02/2020 ata o 06/03/2020

    O Concello da Coruña convoca o programa educativo “Idiomas do Mundo 2020”, unha actividade de inmersión lingüística no verán de 2020, co obxectivo de avanzar no dominio do inglés, francés, portugués e alemán, ademais, de permitir ao alumnado a participación nunha acción intercultural por medio do achegamento a outra cultura de Europa.

  • Bolsa de formación para a xestión de procesos de avaliación e calidade

    Libro aberto, libreta e bolígrafo.

    Inscricións:

    Ata o 12/03/2020

    A Escola Galega de Administración Pública convoca unha bolsa de formación para a xestión de procesos de avaliación e calidade.

resultados 53

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión