Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

40 resultados

  • Programa Arquia/Bolsas 2024

    Inscricións:

    Ata o 05/04/2024

    ata as 12:00 h.

    A Fundación Arquia convoca a XXV edición do concurso Arquia/Bolsas, destinadas a estudantes nos últimos anos da carreira e a novos arquitectos recentemente titulados, para a realización de prácticas profesionais en estudos de Arquitectura e institucións culturais e do sector.

  • Bolsas Máster Iberdrola España 2024

    Inscricións:

    Ata o 31/03/2024

    Iberdrola España presenta a súa convocatoria de bolsas para estudiois de máster 2024-2025, para contribuír á excelencia na formación de mozas, dotándoos dun alto grao de cualificación que lles facilite o acceso ao primeiro emprego.

  • Programa de avais para a mocidade

    Inscricións:

    Dende o 01/03/2024 ata o 30/10/2024

    OI GVS convoca este programa ten por obxecto prestar unha cobertura temporal e financeira, de carácter persoal, para a adquisición da primeira vivenda por aquelas persoas que na data de presentar a correspondente solicitude teñan menos de trinta e seis anos.

  • Subvencións para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia

    Inscricións:

    Ata o 31/10/2024

    Ábrese o prazo para solicitar as axudas para compra de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Bolsas de introdución á investigación JAE Intro ICU 2024

    Inscricións:

    prazo segundo centro de investigación (consultar cronograma)

    Convócanse ata un máximo de 400 bolsas de introdución á investigación para estudantes universitarios con alto nivel de rendemento académico, a desenvolver nos institutos de investigación, centros nacionais, unidades técnicas, PTI e redes científicas/conexións do CSIC.

  • Axudas á mocidade para a obtención dos permisos de condución B, C e D

    Inscricións:

    Dende o 24/01/2024 ata o 30/09/2024

    salvo esgotamento do crédito orzamentario dispoñible.

    A Consellería de Política Social e Xuventude convoca unha liña de axudas para facilitar a obtención do permiso de condución das clases B, C e D a persoas mozas galegas en situación de desemprego.

  • Axuda económica a través da tarxeta Benvida

    Inscricións:

    2 meses desde o día seguinte do nacemento ou resolución de adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento permanente (3 meses se a persoa é emigrante retornada). No suposto de muller xestante, en calquera momento do 2024 sempre que supere as 21 semanas de xestación.

    A Consellería de Política Social e Xuventude convoca a axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para familias que no 2024 teñan un fillo/a, adopten, sexan declaradas en situación de garda con fins adoptivos ou acollan de xeito permanente a un ou máis menores de ata 3 anos, así como para aquelas mulleres que no ano 2024 se atopen na semana 21 ou posterior de xestación.

  • 250 bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME) para estudos de máster

    Inscricións:

    Ata o 30/04/2024

    A Secretaría Xeral da Emigración convoca 250 bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar determinados estudos de máster que se inicien no curso 2024/25 nunha universidade galega

  • Bolsas iEduex 2024. Ano Escolar en USA

    Inscricións:

    Ata o 15/04/2024

    O Programa de Bolsas iEduex ten como obxectivo facilitar a entrada a estudantes de secundaria entre 14 e 18 anos e medio nun programa académico de Ano Escolar en Estados Unidos co obxectivo de mellorar o seu coñecemento da lingua inglesa.

  • Axudas de indemnización económica para vítimas de violencia de xénero

    Inscricións:

    Ata o 02/12/2024

    A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.

resultados 40

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión