Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

CONVOCATORIAS

O CMIX dispón dun directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.

Non perdas

resultados 264

  • 4 bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo

    Compras en liña.

    Inscricións:

    Ata o 10/06/2020

    A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo para o ano 2020, co obxectivo de contribuír á formación titorial de profesionais no campo da actividade comercial e do seu ámbito.

  • Concurso online de cinema “Curtametraxes do invisible"

    Carrete película.

    Inscricións:

    Ata o 20/07/2020, incluído.

    A Fundación Científica Manuel González, en diante FCMG, convoca a segunda edición do concurso online de cinema “Curtametraxes do invisible” cuxos obxectivos son visibilizar a especial precariedade social, laboral e sanitaria dos afectados por Sensibilidade Química Múltiple (SQM) e mostrar os factores que inciden sobre a súa situación precaria e exclusión social.

  • II Concurso de relatos curtos "Dobre corentena"

    Libros.

    Inscricións:

    Ata o 15/06/2020

    A Fundación Científica Manuel González (en diante FCMG), co fin de promover a inclusión social dos afectados de Sensibilidade Química Múltiple (SQM), convoca este II concurso de relatos curtos, baixo o título de ”Dobre Corentena”.

  • 50 prazas para a capacitación de mozos e mozas en materia de internacionalización empresarial

    Mapa mundi.

    Inscricións:

    Ata o 21/07/2020

    O Instituto Galego de Promoción Económica convoca 50 prazas para a capacitación de mozos e mozas profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación práctica, con destino en organismos de promoción económica, centros de investigación e/ou empresas en Galicia e no estranxeiro.

  • Bolsas comedor curso 2020/2021

    Libros e unha mazá.

    Inscricións:

    Dende o 01/06/2020 ata o 12/06/2020

    O Concello da Coruña convoca bolsas de comedor destinadas, con carácter xeral, ao alumnado empadroado no termo municipal da Coruña e matriculado nos centros educativos do mesmo termo municipal que cumpran os requisitos establecidos nas bases.

  • Apertura de determinadas listas para contratacións temporais na Xunta de Galicia

    Cubos apilados.

    Inscricións:

    Dende o 01/06/2020 ata o 20/07/2020

    O prazo para a presentación de solicitudes, que se atopaba suspendido a causa da declaración do estado de alarma, amplíase desde o 1 de xuño un mes e 18 días naturais (ata o sábado 18 de xullo)

    A Consellería de Facenda acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades.

  • 35º Premio BMW de Pintura #BMWPintandoAbrazos

    Banner do concurso

    Inscricións:

    Ata o 19/07/2020, ás 12:00 h.

    BMW Group presenta a 35º edición do Premio BMW de Pintura, un certame destinado a promover en España a arte en xeral e a pintura en particular, mediante a difusión cultural das obras e o descubrimento de novos talentos. Baixo o lema “Compartimos contigo a paixón pola arte”, BMW Group quere, un ano máis, poñer de manifesto o seu compromiso co impulso da arte como medio de expresión e comunicación.

  • Procedementos selectivos de acceso aos corpos docentes da Comunidade Autónoma de Galicia

    Cubos amontonados.

    Inscricións:

    Dende o 01/06/2020 ata o 19/06/2020

    Nota informativa da Consellería de Educación, Universidades e FP pola que se abre o prazo de matrícula para os procedementos selectivos convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020

    A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficias de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • L Certame poético

    Pluma.

    Inscricións:

    ata o 02/07/2020, ás 14:00 h.

    O Concello de Salas de los Infantes (Burgos) convoca este concurso.

  • XXXIX Concurso Cartel anunciador das Festas Patronais da nosa Señora e San Roque 2018

    Bandeirolas de cores.

    Inscricións:

    ata o 23/06/2020, ás 14:00 h.

    O Concello de Salas de los Infantes (Burgos) convoca este concurso.

resultados 264

convocatorias

Convocatorias

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión