Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Convocatorias

Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.

Non perdas

215 resultados

  • Prazas de profesorado en Seccións Bilingües de español en centros educativos estranxeiros

    Inscricións:

    Dende o 14/03/2024 ata o 05/04/2024

    14:00 horas.

    O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca prazas de profesorado en Seccións Bilingües de español en centros educativos non universitarios de Bulgaria, China, Eslovaquia, Hungría, Polonia, República Checa, Romanía e Rusia para o curso 2024-2025.

  • Probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4

    Cando:

    As probas terán lugar en maio/xuño de 2024. As datas concretas serán publicadas no DOG e no Portal da Lingua Galega.

    Inscricións:

    Dende o 14/03/2024 ata o 05/04/2024

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2024.

  • Sala Filomatic

    Cando:

    Os días 01/03/2024, 02/03/2024, 08/03/2024, 09/03/2024, 16/03/2024, 22/03/2024, 23/03/2024, 29/03/2024, 30/03/2024

    A Sala Filomatic presenta a súa programación de concertos para o mes de marzo.

  • Curso de monitor/a de tempo libre

    Cando:

    Dende o 08/04/2024 ata o 30/05/2024

    A Escola Galega de Tempo Libre organiza un curso de monitor/a de actividades de tempo libre, de luns a xoves en horario de mañá e modalidade mixta, presencial e online.

  • Cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico

    Cando:

    Dende o 16/04/2024 ata o 14/06/2024

    Inscricións:

    Dende o 15/03/2024 ata o 25/03/2024

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en colaboración co Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga), convoca tres edicións do curso básico en prevención de riscos laborais, impartido na modalidade de teleformación.

  • Programa Cicerone 2024 - Prácticas de laboratorio no CNIC

    Inscricións:

    Ata o 05/04/2024

    O Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares Carlos III (CNIC) ofrece a estudantes de máster e dos últimos cursos de graos universitarios relacionadas coa biomedicina, a posibilidade de entrar en contacto coa investigación biomédica e completar a súa formación a través da realización de prácticas de laboratorio durante os meses de verán.

  • Ciclo de cine "Mulleres" en Afundación

    Cando:

    Os días 18/03/2024 ás 19:00 , 08/04/2024 ás 19:00 , 22/04/2024 ás 19:00

    As mulleres volven ser un ano máis as protagonistas do ciclo de cine de Afundación, nunha selección de tres películas nas que elas son a parte relatora e activa destes traballos destacados da cinematografía actual, con importantes e numerosos premios no seu haber.

  • XI Concurso de fotografía "Cidadanía Europea en Galicia"

    Inscricións:

    Ata o 11/04/2024

    ata as 14.00 h.

    Europe Direct A Coruña, xunto co centro Europe Direct Lugo, convocan a XI edición do concurso de fotografía "Cidadanía Europea en Galicia" baixo o lema "Europa cerca de ti", unha iniciativa coa que convida a reflexionar sobre a presenza e o papel da Unión Europea no día a día da cidadanía de Galicia, nun ano no ademais que se celebran eleccións ao Parlamento Europeo.

  • Premio de literatura infantil e xuvenil Raíña Lupa

    Inscricións:

    Ata o 30/04/2024

    A Deputación da Coruña convoca o XVIII Premio de literatura infantil e xuvenil Raíña Lupa.

  • Bolsas para deportistas individuais do concello da Coruña 2024

    Inscricións:

    Dende o 06/03/2024 ata o 25/03/2024

    O Concello da Coruña abre unha liña de axudas a deportistas individuais e convoca bolsas para deportistas individuais coruñeses, como medio de apoiar e promover o deporte coruñés e, desta forma, conseguir logros deportivos para a cidade da Coruña.

resultados 215

Convocatorias

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión