Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Bolsas Europa FP - Proxecto Acoreuropa IX

O Concello da Coruña convoca 12 prazas do programa educativo Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa IX dirixidas a titulados/as de ciclos superiores de FP, para facer prácticas formativas de tres meses de duración en empresas de diversos países europeos.

Inscricións:

Dende o 02/03/2020 ata o 23/03/2020

Duración:

90 días, de setembro a decembro de 2020.

Requisitos:

  • Ter finalizados os estudos de ciclo superior de FP e superada a Formación en Centros de Traballo (FCT) en decembro de 2019 ou en xuño de 2020.
  • Ter a titulación de técnico/a superior nalgún dos 9 centros docentes públicos que participan como socios no programa: CIFP Anxel Casal, CIFP Escola de Imaxe e Son, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES A Sardiñeira, IES Eusebio da Guarda, IES Fernando Wirtz, IES Ramón Menéndez Pidal e IES Urbano Lugrís.
  • Estar en situación de desemprego ou ter escasa experiencia profesional.
  • As persoas interesadas deberán inscribirse na páxina web municipal a través da ficha específica Bolsas ACOREUROPA IX. Posteriormente, a documentación e copia do xustificante da solicitude asinada deberán presentarse nos rexistros municipais ou en calquera dos lugares recollidos na Lei de Procedemento Administrativo.

Remuneración / Dotación:

  • Viaxes de ida e volta.
  • Aloxamento.
  • Seguro de atención sanitaria e responsabilidade civil.
  • Cantidade económica para manutención e estadía de 1.500,00€.

Páxina web:

www.coruna.gal/educacion

Contacto:

Concello da Coruña. Concellaría de Educación, Cultura e Memoria Histórica

Servizo Municipal de Educación

Avenida da Mariña (Casa Paredes) 18-2º. 15001 A Coruña

Teléfono: 981 184 200 / 010 

educacion@coruna.es 

Publicación: BOP 14/02/2020 (Extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 495559

Distribución das bolsas:

  • 2 bolsas en francés en Francia (Burdeos) ou Bélxica (Bruxelas).
  • 3 bolsas en italiano en Italia (Padua, Campobasso ou Florencia).
  • 4 bolsas en inglés en Irlanda (Cork) ou RU (Cardiff), República Checa (Praga) ou Austria (Viena, pode ser en alemán).
  • 3 bolsas en portugués en Portugal (Lisboa).

Non perdas

Non perdas

Inscrición en Actividades

Novo proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión