Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Certame Escolar de Podcast e Relato Radiofónico Xosé Mosquera Pérez

Convócase o II Certame de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez, o Vello dos Contos, organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, Arraianos Producións e o colectivo Ponte nas Ondas, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e doutras entidades como o Museo do Pobo Galego, a Fundación Rosalía de Castro, Oral de Galicia, a EASD Mestre Mateo, a Radio Galega, a Real Academia Galega, a Fundación Antonio Fraguas e o Parlamento de Galicia.

Inscricións:

solicitude antes do 28/02/2020

presentación de traballos ata o 17/05/2020

Requisitos:

  • Poderá concorrer a estes premios o alumnado de 11 a 18 anos dos centros de ensino de educación primaria (de 6º curso) e doutros centros de ensino non universitario de Galicia e daqueles que imparten ensinanzas de réxime xeral cursadas fóra da Comunidade Autónoma. Así mesmo, poderá participar o alumnado da mesma idade das escolas do Norte de Portugal.
  • Presentaranse podcasts orixinais e inéditos relacionados co patrimonio literario de Galicia e Portugal e coas súas figuras relevantes, tales como o autor a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas este ano. Os podcasts irán acompañados do texto que serviu de base para a súa elaboración.
  • Os traballos teñen que ser enviados por correo electrónico a certameradiofonico@iesrosaliadecastro.org

Remuneración / Dotación:

  • Premio ao mellor traballo do alumnado de 6º curso de primaria de Galicia e ensinanzas de réxime xeral fóra da Comunidade: 250€, lotes de libros, escultura conmemorativa e diploma.
  • Premio ao mellor traballo doutros centros de ensino non universtiario de Galicia e ensinanzas de réxime xeral fóra da Comunidade: 250€, lotes de libros, escultura conmemorativa e diploma.
  • 2 Premios especiais 25 aniversario de Ponte...nas ondas! para os mellores traballos relacionados co patrimonio inmaterial galego-portugués: 250€, cadansúa escultura conmemorativa e diploma.

Páxina web:

https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias

Contacto:

Secretaría Xeral de Política Lingüística

Rúa San Roque, 2

15781 Santiago de Compostela

Tel.: 881 996 324

Email: sxpl.planificacion@xunta.gal

Documentos:

Bases completas (355 KB)

Non perdas

Non perdas

Inscrición en Actividades

Novo proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión