Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Concurso de Proxectos Galiciencia 2020

Certame que se organiza con motivo da celebración da Galiciencia 2020, nas modalidades de Investigación científica en Educación Primaria, e Educación Especial e Investigación científica en Educación Secundaria, Bacharelato e FP. Coa finalidade de fomentar as vocacións científicas e o espírito emprendedor.

Inscricións:

Ata o 15/03/2020

Requisitos:

  • Dirixido a estudantes pertencentes a centros de Galicia, participando en dúas modalidades: "Investigación científica en Educación Primaria e Educación Especial" e "Investigación científica en Educación Secundaria, Bacharelato e FP".
  • A inscrición debe facerse efectiva a través do formulario de inscrición. Os participantes recibirán confirmación da selección do seu proxecto durante a primeira semana de abril.
  • Modalidade Educación Primaria e Educación Especial: Participarán expondo os seus proxectos ou experimentos un ou varios dos días abertos para a exposición de proxectos de primaria e educación especial (6, 7 e 8 de maio en horario de 10h a 13h). Limitándose a participación máxima en 10 proxectos por día. 
  • Modalidade Educación Secundaria, Bacharelato e FP: Participarán expondo os seus proxectos ou experimentos durante os tres días previstos para a celebración da Galiciencia 2020 (6 e 7 de maio en horario de 10h a 13h e de 15h a 18h e 8 de maio en horario de 10h a 13h). Limitándose a participación máxima en 50 proxectos en total. E tres proxectos, como máximo, por centro educativo.
  • Características de exposición, espazos e actividades nas bases completas.
  • Estableceranse as seguintes categorías de premios: premio ao proxecto coa mellor comunicación e presentación oral / premio para o proxecto máis innovador / premio para o proxecto co método científico e proceso de investigación mellor definido / premio para o mellor proxecto englobado dentro da temática de saúde e bos hábitos.

Remuneración / Dotación:

  • Primeiro premio: contará con 1000€ para financiar a súa participación noutra feira científica de carácter nacional, concretamente na Exporecerca 2021.
  • Segundo premio: Tecnópole financiará con 500€ a súa participación na Zientzia Azoka, unha feira anual de ciencia que terá lugar na primavera do 2021 en Bilbao.
  • Terceiro premio: financiarase con 200€ a súa participación na Coruña nun programa de actividades durante a Semana da Ciencia no mes de novembro 2020 promovido polos Museos Científicos Coruñeses.

Todos os participantes como expositores de proxectos na Galiciencia 2020 recibirán un diploma de participación e un obsequio.

Páxina web:

https://www.galiciencia.com/proxectos.html

Contacto:

Galiciencia 2020

Tfno.: 988 368 100

Email: sabela@tecnopole.gal

Galiciencia é a maior feira científica que se celebra en Galicia desde 2006, co obxectivo principal de achegar a ciencia á sociedade. Consiste na organización e desenvolvemento dun certame científico que ten como público obxectivo estudantes de Primaria, Secundaria, Bacharelato; e que permanece aberto ao público xeral. Celébrase no Parque Tecnolóxico de Galicia durante tres días da segunda semana de maio en horario de 10h a 13 h e de 15h a 18h, a excepción do venres en horario de mañá.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en Actividades

Novo proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión