Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Idiomas do Mundo 2020

O Concello da Coruña convoca o programa educativo “Idiomas do Mundo 2020”, unha actividade de inmersión lingüística no verán de 2020, co obxectivo de avanzar no dominio do inglés, francés, portugués e alemán, ademais, de permitir ao alumnado a participación nunha acción intercultural por medio do achegamento a outra cultura de Europa.

Inscricións:

Dende o 17/02/2020 ata o 06/03/2020

Requisitos:

  • Constar empadroado no Concello da Coruña xunto co seu pai e/ou nai ou representante legal dende o 1 de setembro de 2019. Tamén serán aceptados empadroamentos posteriores nos casos en que se acredite traslado de domicilio e centro educativo motivado por cambio de localidade de residencia ao Concello da Coruña.
  • Estar cursando, no réxime xeral, 4º da ESO ou 1º de Bacharelato no curso 2019/2020.
  • Obter no curso 2018/19 unha cualificación mínima de 6 en 3ª ou 4ª da ESO e non ter ningunha materia suspensa.
  • Obter no curso 2018/19 unha cualificación mínima de 6 en 3º ou 4º da ESO nas linguas estranxeiras para as que se solicite o programa (inglés, francés, portugués ou alemán). No caso de estar a cursar algún destes idiomas na Escola Oficial de Idiomas poderase alegar a cualificación obtida nela. Para o caso de portugués, de non se estar a cursar esta materia, a cualificación a valorar será a correspondente á materia de lingua galega e literatura do curso anterior.
  • Estar en posesión do documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro e ou pasaporte.
  • Non ter sido beneficiario no ano 2019 do programa "Idiomas do mundo 2019" nin "Junior Year 2019/2020".
  • As persoas que precisen visado deberán dispor do mesmo cando menos 15 días antes do inicio da viaxe. A tramitación e obtención do visado é responsabilidade da persoa solicitante. 
  • O alumnado que queira participar no programa deberá inscribirse en liña na web municipal a través da ficha específica. Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante de confirmación que se debe de imprimir. A documentación e a ficha de solicitude, asinada polo/a participante e a persoa ou persoas que teñen a patria potestade ou tutela, deberán presentarse nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de Procedemento Administrativo.

Remuneración / Dotación:

O alumnado seleccionado poderá ser beneficiario dunha bolsa total ou parcial en función das circunstancias económicas familiares.

  • Bolsa total: persoas seleccionadas que non superen os 9.000,00 € anuais de renda per cápita.
  • Bolsa parcial. O Concello asumirá un máximo do 95% e un mínimo do 5% do custo total das prazas do alumnado seleccionado que supere os 9.000,00 € anuais de renda per cápita. 

Páxina web:

www.coruna.gal/educacion

Contacto:

Concello da Coruña. Concellaría de Educación, Cultura e Memoria Histórica

Servizo Municipal de Educación

Avenida da Mariña (Casa Paredes) 18-2º. 15001 A Coruña

Teléfono: 981 184 200 / 010 

Publicación: BOP 13/02/2020

A estadía nos países de destino será de catro semanas dentro das vacacións de verán do 2020, preferentemente no mes de xullo. Os países de destino serán: Irlanda, Francia, Portugal, Alemaña ou Austria.

O programa oferta 60 bolsas:

  • Inglés (Irlanda) 37 prazas
  • Francés (Francia) 10 prazas
  • Portugués (Portugal) 10 prazas
  • Alemán (Alemaña ou Austria) 3 prazas

O programa inclúe as seguintes prestacións:

  • Xornada informativa, de preparación específica, para o alumnado participante no programa.
  • Manual do estudante.
  • Viaxe e desprazamentos de ida e volta dende A Coruña até o destino asignado. 
  • Estandía no país de destino vivindo en familia en réxime de pensión completa.
  • Clases intensivas do idioma correspondente.
  • Material escolar para as clases.
  • Actividades culturais e lúdicas.
  • Actividades adicionais de idioma. 
  • Seguimento e control. 
  • Realización de proba oficial e certificado oficial acreditativo do nivel acadado.
  • Seguro de responsabilidade civil. 

Non perdas

Non perdas

Inscrición en Actividades

Novo proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión