Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Ensinanzas de idiomas

Ensinanzas de idiomas de réxime especial

Teñen por obxecto capacitar para o uso adecuado dos diferentes idiomas. Organízanse en catro niveis:

  • básico (A2 non MCERL)
  • intermedio (B1 non MCERL)
  • avanzado (B2 non MCERL)
  • C1

Para acceder a elas será requisito ter 16 anos cumpridos no ano en que se comecen os estudos. Tamén poderán acceder as persoas maiores de 14 anos para seguir os ensinos dun idioma distinto do cursado na ESO como 1ª lingua estranxeira.

A Escola Oficial de Idiomas da Coruña ofrece 11 idiomas: alemán, árabe, chinés, español para estranxeiras/os, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés. Nas seccións podes estudar os seguintes:

  • Arteixo, Culleredo, Cee e Melide: inglés
  • Carballo: alemán, francés e inglés

Non é preciso comezar os estudos desde o primeiro curso (básico 1); hai establecidas vías de acceso para ingresar e un curso superior.

Inglés a distancia

That's English! é un programa de educación a distancia para aprender inglés creado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, impartido pola Escola Oficial de Idiomas. Permite obter os certificados de Nivel Básico (A2), Nivel Intermedio (B1) e Nivel Avanzado (B2) da Escolas Oficiais de Idiomas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión