Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Teñen como finalidade proporcionar unha formación artística de calidade e garantir a cualificación das futuras/vos profesionais da música, a danza, a arte dramática, as artes plásticas e o deseño.
GRAO ELEMENTAL organízase e 4 cursos.
Para acceder ao grao elemental, a idade mínima será de 8 anos e a máxima de 14, debendo superar unha proba específica.
Ao finalizar este grao obtense un Certificado de Estudos Elementais.
GRAO PROFESIONAL organízase por especialidades, en 6 cursos.
O currículo dos ensinos profesionais de música referirase a cada unha das seguintes especialidades: acordeón, arpa, baixo eléctrico, canto, clarinete, clavecín, contrabaixo, fagot, frauta travesera, frauta de pico, gaita, guitarra, guitarra eléctrica, instrumentas de corda pulsada do Renacemento e do Barroco, instrumentos de púa, oboe, órgano, persusión, piano, saxofón, trombón, trompa, trompeta, tuba, viola, viola dá gamba, violín, violoncelo.
Para acceder ao 1º curso do grao profesional haberá que superar unha proba específica.Tamén se poderá acceder a calquera outro curso do grao profesional, sen cursar os anteriores, a través de probas nas que se demostre posuír os coñecementos necesarios para cursalo con aproveitamento.
A persoa que superase os ensinos profesionais de Música obterá o Título de Técnico dos Ensinos Profesionais de Música, no que constará a especialidade cursada.
A persoa que se atope en posesión dun título de Técnico dos Ensinos Profesionais de Música poderá obter o título de Bacharel cursando e superando as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de Bacharelato que elixa.
Tanto o grao elemental como o profesional pódense cursar no Conservatorio profesional de música e tamén nos CEMUs (Centros autorizados de música).
ESTUDOS SUPERIORES DE MÚSICA
Os ensinos artísticos superiores estrutúranse academicamente en tres niveles:
As anseñanzas artísticas superiores de Música terán como obxectivo xeral a formación cualificada de profesionais que dominen os coñecementos propios da música e adopten as actitudes necesarias que lles fagan competentes para integrarse nos distintos ámbitos profesionais desta disciplina.
Duración: 4 cursos académicos de 60 créditos cada un cun total de 240 créditos ECTS.
Osc réditos ECTS incorpóranse como unidade de medida que reflicten os resultados da aprendizaxe e o volume de traballo realizado polo estudante.
Titulación: Título superior de Música seguido da especialidade correspondente.
Na Coruña pódense cursar no Conservatorio Superior de Música.
Para acceder aos estudos superiores será preciso:
Ao terminar os estudos superiores de música obterase o título Superior de Música seguido da especialidade correspondente.
GRAO ELEMENTAL
A finalidade do grao elemental dos ensinos de réxime especial de danza é promover a autonomía do alumnado para que a súa capacidade de expresión dancística adquira a calidade artística necesaria que permita acceder ao grao profesional.
O ensino de danza no grao elemental organízase en 4 cursos coas materias seguintes:
Ao finalizar este grao obtense un Certificado de Estudos Elementais.
GRAO PROFESIONAL
Os ensinos profesionais de Danza son estudos especializados dirixidos a alumnos e alumnas cuxa meta é o exercicio profesional e, por tanto, posúen as aptitudes e a vontade necesarias para dedicarse a eles.
Duración: se organizan nun grao de 6 cursos académicos. O currículo dos ensinos profesionais de danza referirase a cada unha das seguintes especialidades:
Titulación: as persoas que superasen os ensinos profesionais de Danza obterán o Título de Técnico dos Ensinos Profesionais de Danza, no que constará a especialidade cursada.
A persoa que se atope en posesión dun título de Técnico dos Ensinos Profesionais de Danza poderá obter o título de Bacharel cursando e superando as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de Bacharelato que elixa.
Acceso: tanto ao grao elemental como ao profesional, é necesario superar unha proba específica. Tamén pode accederse a calquera outro curso de ambos os graos, superando unha proba na que se demostre os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento o curso do que se trate.
Os ENSINOS ARTÍSTICOS SUPERIORES DE DANZA
Os ensinos artísticos superiores de Danza terán, como obxectivo xeneral, a formación cualificada de profesionais que, partindo dunha formación práctica previa como base fundamental, posúen unha completa formación práctica, teórica e metodolóxica, que lles capacita para integrarse nos distintos ámbitos profesionais desta disciplina.
Duración: 4 cursos académicos de 60 créditos cada un cun total de 240 créditos ECTS. Con 2 especialidades:
Titulación: Título superior de Danza seguido da especialidade correspondente.
Para acceder aos estudos superiores será preciso:
Grao medio:
Grao superior:
Son ensinos que teñen como finalidade a formación de profesionais, pedagogos e investigadores do fenómeno teatral e daqueloutras áreas da comunicación que del emanan.
A súa duración é de 4 anos.
A titulación que se obtén é: Título Superior de Arte Dramática seguida da especialidade correspondente.
Aquí impártese na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, situada en Vigo.
As especialidades que se imparten son: Interpretación, Dirección de Escena e Dramaturxia, Escenografía.
Acceso: hai que realizar unha proba, para a que se esixe estar en posesión do título de Bacharelato. A proba de acceso aos ensinos superiores de Arte Dramática será realizada por especialidades . Constará dunha única proba que comprenderá diferentes exercicios, referidos á especialidade pola que opten acódelas aspirantes.
Estudos superiores de conservación e restauración de bens culturais
A finalidade destes ensinos é a consecución dunha formación científico-técnica, humanística e artística de calidade que garanta a cualificación dos futuros profesionais da conservación e a restauración e capacítelles para a actualización e incorporación de novos coñecementos.
Duración: 4 cursos académicos de 60 créditos cada un cun total de 240 créditos ECTS.
Especialidades:
Ao finalizar os estudos obtense o Título superior de conservación e restauración, na especialidade correspondente.
En Galicia impártese na Escola Superior de conservación e restauración de bens culturais de Galicia, en Potevedra. As especialidades que se imparten son: Arqueoloxía, Escultura e Pintura.
Para acceder a estes estudos:
Estudos superiores de deseño
A finalidade destes ensinos é a formación de deseñadores capaces de concibir e fundamentar un proceso creativo, analizar, xestionar, transmitir valores, difundir cultura e adquirir responsabilidades sociais e ambientais.
A duración destes estudos é de 4 cursos académicose de 60 créditos cada un cun total de 240 créditos ECTS.
Ao finalizar os estudos obtense o Título Superior de Deseño, na especialidade correspondente.
As especialidades son:
Modalidades de acceso:
23/04/2021
Dende o 03/03/2021 ata o 10/03/2021
15/04/2021
Presentación ás 9.00h.Dende o 18/02/2021 ata o 03/03/2021
Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)
Fórum Metropolitano
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible