Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Formación para persoas empregadas

Como persoa traballadora podes participar nos plans de formación co fin de mellorar as túas competencias e habilidades laborais, ou para pasarte a outros sectores emerxentes nos que se cree emprego e apoie a competitividade das empresas. Estes cursos son sempre gratuítos para o/a traballador/a.

O subsistema de formación profesional neste ámbito é de dúas clases:

  • Oferta formativa para traballadores/as ocupados/as: ten por obxecto ofrecerlles unha formación que atenda aos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas, ás necesidades de adaptación aos cambios no sistema produtivo e ás posibilidades de promoción profesional e desenvolvemento persoal das persoas traballadoras, de forma que as capacite para o desempeño cualificado das distintas profesións e lles permita mellorar a súa empregabilidade. Como solicito un curso? Consulta a oferta formativa nos portais web de formación para o emprego da túa comunidade autónoma onde poderás atopar todos os seus datos (contido, duración, requisitos, lugar de imparticion, prazos etc..). En Galicia podes consultala premendo aquí.
  • Formación programada polas empresas: é a formación que realizan as empresas para os seus traballadores e traballadoras e que debe responder ás necesidades específicas de ambos. Debe ser impartida por centros acreditados ante a autoridade competente da comunidade autónoma e os empresarios poden obter bonificacións nas cotas da seguridade social.

Centros e entidades inscritas ou acreditadas no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego

TEÑO DEREITO A SOLICITAR UN PERMISO PARA A MIÑA FORMACIÓN?

Debes saber que:

  • Tes dereito a un permiso retribuido de 20 h anuais para a túa formación, coa condición de que o contido do curso estea vinculado á actividade da empresa. Ademais, tes a posibilidade de acumular o permiso nun período de ata cinco anos. Debes negocialo co empresario.
  • Tamén tes dereito a un permiso individual de formación (PIF) para realizar formación recoñecida oficialmente, e podes dispoñer de ata 200 horas por curso ou ano natural. As actividades formativas polas que podes solicitar este dereito son: - Titulación oficial expedida polas administracións educativas competentes, con validez en todo o territorio estatal; inclúense os títulos universitarios propios das universidades. - Acreditación oficial: títulos e certificados de profesionalidade que constitúen a oferta do Catálogo Nacional das Cualificacións e outras habilitacións profesionais como instalador electricista, instalador de gas etc.- Participación en convocatorias de avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias profesionais.

Máis info:

FUNDACIÓN ESTATAL PARA A FORMACIÓN NO EMPREGO

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión