Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Carné Internacional de Profesor

Destinatarios: calquera persoa que acredite ter a condición de profesor/a (sen limitación de idade e independentemente do tipo de centro onde desenvolva a súa labor docente, sexa un centro oficial ou non).

Prezo: 9 euros

Requisitos:

  • Solicitar no CMIX -ou descargar- o impreso de autoliquidación de taxas* e aboar a correspondente tarifa de 9 euros en calquera banco ou caixa.
  • Presentar:- Un documento oficial (por exemplo contrato de traballo) que acredite que a persoa está traballando como profesor/a nalgún centro de estudos, oficial ou non.- DNI ou pasaporte.- Unha fotografía tamaño carné.- O resgardo do impreso de autoliquidación, conforme se fixo o aboamento no banco.

Vixencia: A data de validez é dun ano natural dende a data de emisión.

www.isic.org

*Estes prezos non serán apli­cables ás persoas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, que terán dereito á expedición gratuíta destes carnés. Tamén gozarán desta exención as mulleres vítimas de violencia de xénero, así como os seus fillos/as e as persoas que estean baixo a súa tutela e garda ou custodia.

Segundo o indicado no DOG do 8 de abril de 2016, A situación de violencia de xénero acreditarase por calquera dos medios establecidos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, sempre que a orde de protección e/ou as medidas cautelares estean en vigor, ou a acreditación da situación violencia recolla que a dita situación tivo lugar nos 12 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude do correspondente carné.

Non perdas

Non perdas

Onde estamos

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)

Fórum Metropolitano

  • R/ Río Monelos, s/n, 15006 A Coruña
  • Tel.: 981 184 294
  • Fax: 981 184 295
  • WhatsApp: 606 36 23 66
  • Email: cmix@coruna.es
  • Horario: De luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. Sábados, de 11 a 14 h.
  • Horario de verán: pechado os sábados.
  • Agosto: De luns a venres, de 09:30 a 14:30 h.
  • Servizo de orientación legal: De luns a xoves, de 17 a 20 h.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión