Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Prácticas en institucións europeas

Unha boa forma de acceder á experiencia de traballar nas institucións comunitarias e contribuír profesionalmente ao proxecto europeo é a través das prácticas ou stages que se convocan de forma periódica na Comisión, o Parlamento, o Consello ou o resto de organismos, institucións e axencias da UE.

Que requisitos se adoitan pedir á hora de facer prácticas nas institucións europeas?

  • Debes ser nacional dun dos Estados membros da Unión Europea para poder participar.
  • En xeral, as bolsas da institucións europeas están dirixidas a licenciados universitarios ou estudantes de educación superior que terminasen o primeiro ciclo de estudos.
  • Coñecemento: como mínimo, adóitase esixir un bo coñecemento dunha segunda lingua das 23 oficiais na Unión Europea, ademais da lingua materna.

Son remuneradas as prácticas en institucións europeas?

Existen tanto prácticas remuneradas como non remuneradas; que sexa dun tipo ou doutro dependerá da institución ou organismo comunitario.

Cada canto se publican as convocatorias de prácticas?

Normalmente, publícanse cada 5 meses. Adoita haber unha convocatoria no outono e outra na primavera. Tes toda a información nas seguintes ligazóns:

Máis info aquí.

Onde estamos

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)

Fórum Metropolitano

  • R/ Río Monelos, s/n, 15006 A Coruña
  • Tel.: 981 184 294
  • Fax: 981 184 295
  • WhatsApp: 606 36 23 66
  • Email: cmix@coruna.es
  • Horario: De luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. Sábados, de 11 a 14 h.
  • Horario de verán: pechado os sábados.
  • Agosto: De luns a venres, de 09:30 a 14:30 h.
  • Servizo de orientación legal: De luns a xoves, de 17 a 20 h.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión