Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
O Interrail Pass é un billete de tren que che permite descubrir Europa ao teu ritmo, escollendo o país ou países que queiras, dispoñendo do teu tempo como ti prefiras, e facendo do transporte unha viaxe en si.
Os pases Interrail están dispoñibles en distintas combinacións de días de viaxe. Un día de viaxe dura 24 horas (dende medianoite ata medianoite), e cada día de viaxe podes coller o tren nos países nos que o teu pase sexa válido.
Tes dúas modalidades:
Global Pass que inclúe 30 países, Alemaña, Austria, Bélxica, Bosnia-Herzegovina, Bulgaria, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Finlandia, Francia, Gran Bretaña, Grecia, Holanda, Hungría, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Macedonia, Montenegro, Noruega, Polonia, Portugal, República Checa, Romanía, Serbia, Suecia, Suíza, Turquía e no TRÁNSITO MARÍTIMO entre Italia e Grecia operado por Attica Group (Compañías Superfast y Blue Star Ferries) y Minoan Lines.
One Country Pass, co que podes viaxar polo país que máis che apeteza. Podes elixir entre 28 Interrail One Country Passes: Austria, Benelux (Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo), Bulgaria, Croacia, República Checa, Dinamarca, Finlandia, Francia, ARY Macedonia, Alemaña, Gran Bretaña, Grecia, Grecia Plus (Grecia e tránsito marítimo entre Grecia e Italia), Illas Gregas (tránsito marítimo entre Italia e Grecia e entre illas gregas), Hungría, Irlanda (inclúe Irlanda do Norte), Italia, Italia Plus (Italia e tránsito marítimo entre Italia e Grecia), Noruega, Polonia, Portugal, Romanía, Serbia, Eslovaquia, Eslovenia, Suecia, Suíza e Turquía. A validez do pase é dun mes e o podes adquirir para viaxar 3, 4, 6 ou 8 días.
5 pasos para planificar a túa viaxe:
Toda a información sobre estas e moitas outras cuestións pódela atopar na páxina web oficial de Interrail
Xa hai anos que as compañías aéreas de baixo custo revolucionaron as viaxes en avión. Hoxe en día, todas as compañías comercializan os voos nas webs de xeito que é máis doado acadar prezos económicos, sobre todo se tes flexibilidade nas datas da viaxe e colles os voos con bastante antelación. Pero recorda, que moitas compañías non inclúen nas tarifas a equipaxe, o asento, ou mesmo a tarxeta de embarque e que viaxan a aeroportos afastados das cidades de destino.
Algunhas das compañias coas que podes voar dende Galicia: - IBERIA - EASYJET - TAP-AIR PORTUGAL - AIR EUROPA - AERLINGUS - RYANAIR - VUELING viaxan a cidades como Madrid, Barcelona, Bilbao, Málaga, Sevilla, Palma de Mallorca, Valencia, Dublín, Lisboa, Londres ou Frankfurt. Hai que ter en conta que os destinos e frecuencias varían dependendo da tempada e moitos voos só están operativos nos meses de primavera-verán.
Podes obter máis información sobre aeroportos, compañías aéreas e destinos na páxina de Aena
- Se estás pensando en vivir unha experiencia única, quizais pensases en realizar o Camiño de Santiago. Pero o Camiño non é un só, senón que hai varias rutas;
Á parte destas rutas tradicionais, tamén se poden seguir outras dúas rutas alternativas.
Á hora de preparar a ruta hai que ter moi en conta a nosa forma física e o tempo do que dispoñemos, elixir ben o calzado e preparar coidadosamente a mochila.
A Compostela é a certificación oficial que concede a catedral de Santiago de Compostela a aquelas persoas que realizan a peregrinación e acreditan ter percorrido a pé, en bicicleta ou dacabalo unha parte do Camiño (polo menos 100 quilómetros a pé ou en cabalo e 200 quilómetros en bicicleta). Esta acreditación realízase mediante a Credencial do Peregrino, na que se van poñendo os selos das parroquias, albergues, refuxios ou outras entidades representativas dos lugares por onde transcorre a peregrinación.
A Credencial é o que te identifica como peregrino e facilítache o acceso aos albergues (a utilización da rede de albergues da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo ten un prezo de 6 euros por noite). A orde de prioridade para a ocupación dos albergues é: peregrinos con limitacións físicas, peregrinos a pé, peregrinos dacabalo, peregrinos en bicicleta e persoas que viaxen con coches de apoio.
As prazas ocúpanse ao chegaren os peregrinos aos albergues, sen que en ningún caso se admita a posibilidade de realizar reservas.
A Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo pon á túa disposición a súa páxina web con información dos diferentes camiños a Santiago
- O turismo responsable é un sector que permite xerar postos de traballo á vez que ten o potencial de impulsar o desenvolvemento local e pode actuar como motor de crecemento de países e poboacións máis desfavorecidas. As iniciativas que xurdiron arredor desta idea coñécense como turismo responsable ou sustentable. http://www.viajesresponsables.com, é un portal de viaxes no que atoparás multitude de posibilidades para viaxar: ecoturismo, sendeirismo, turismo activo, circuítos culturais, turismo solidario, etc. Todo iso a través de operador e aloxamentos que incorporan unha política de responsabilidade cun dobre obxectivo: que o viaxeiro goce dun servizo de calidade e que a súa viaxe afecte de forma positiva á poboación do destino que se visita.
O turismo responsable moitas veces aparece asociado ao concepto de turismo solidario, non obstante este último refírese máis ás viaxes de solidariedade, coñecemento ou cooperación que organizan algunhas ONGD, como os campos de solidariedade que organiza o SCI (Servizo Civil Internacional). O obxectivo é coñecer pero tamén colaborar no traballo que desenvolven.
Algúns exemplos:
Servicio Civil Internacional SCI, http://www.ongsci.org Leva a cabo, entre outros, dous programas: Campos de voluntariado (Europa, EE.UU., Xapón e Australia) e Campos de solidariedade Norte-Sur (África, Asia, América Latina)
Amarante Setem, http://www.amarantesetem.org Pon en marcha o proxecto Xanela aberta ao Sur co que se pretende achegar a realidade dos pobos do Sur e formar persoas que participen activamente no campo da solidariedade.
Solidariedade Internacional de Galicia, http://www.solidaridadgalicia.org co programa Vacacións Solidarias, ofrece aos cidadáns e cidadás a oportunidade de coñecer de primeira man un proxecto de desenvolvemento sobre o terreo.
Sodepaz, http://www.sodepaz.org vén organizando dende hai anos viaxes de turismo solidario e brigadas de traballo voluntario. Cada ano as persoas participantes desprázanse a uns sete destinos diferentes.
Enxeñería sen Fronteiras, http://galicia.isf.es Programa de Coñecemento da Realidade Trátase dun programa englobado na liña de educación para o desenvolvemento de ESF Galicia que inclúe unha estancia nun país do Sur para coñecer a realidade do lugar, mentres se colabora nun programa de actividades.
Asociación Viento Norte-Sur, http://www.vientonortesur.org centra a súa acción preferentemente na Cooperación ao desenvolvemento. O proxecto Mirada al Sur desenvolve un conxunto de actividades dirixidas á satisfacción de necesidades sociais de zonas rurais e urbanas de Marrocos e Senegal.
Podes consultar máis proxectos na páxina da Coordinadora Galega de ONG para o desenvolvemento: aquí
Por outra banda, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca todos os anos, dentro da Campaña Acción de Verán, campos de traballo en Galicia, noutras Comunidades Autónomas e no estranxeiro. Son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos. Entre a oferta podemos atopar campos de traballo arqueolóxicos, etnográficos, culturais e patrimoniais, ambientais, do audiovisual, de bioconstrución e autoconstrución e dinamización turística. Máis información en www.xuventude.net
Dende o 01/03/2021 ata o 22/03/2021
Os días 27/02/2021 ás 08:30 , 13/03/2021 ás 08:30
Dende o 08/02/2021 ata o 12/02/2021
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible