Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Campos de voluntariado 2020

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca, dentro da Campaña de verán 2020, 348 prazas en 29 Campos de Voluntariado por todo o territorio galego, campos adaptados ao novo escenario provocado pola crise sanitaria da Covid-19

Inscricións:

Dende o 25/06/2020

Duración:

entre 10 e 12 días, nos meses de xullo, agosto e setembro.

Prezo:

110 € (82,50 € no caso de acollerse a algún dos descontos: Carné xove, Carné de familia numerosa ou familia monoparental).

Inclúe: un programa con actividades de convivencia, de animación, de lecer e tempo libre, o aloxamento e manutención así como os medios materiais necesarios para desenvolveren as tarefas específicas de cada campo, e seguro de accidentes e responsabilidade civil

Requisitos:

  • Persoas mozas galegas residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos

Páxina web:

www.xuventude.net

Contacto:

Consellería de Política Social. Dirección Xeral de Xuventude, Voluntariado e Participación

Teléfonos: 981 544 838 -  981 957 115

Servizo de Xuventude e Voluntariado

Rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º andar. Mercado de Elviña. A Coruña

Teléfono: 881 881 238 - 881 881 240

A deste ano será unha edición atípica da Campaña de Verán, polo que os campos de voluntariado presentarán as seguintes novidades:

  • Serán campos de ámbito autonómico con prazas só para mozos e mozas de Galicia.
  • A convivencia será dun máximo de 12 persoas participantes, máis o equipo técnico.
  • As actividades desenvolveranse baixo as medidas de prevención e seguridade ditadas polas autoridades sanitarias.

SOLICITUDES:

  • A solicitude presentarase mediante un formulario en liña, dispoñible na web www.xuventude.net desde o día 25 de xuño ás 16:00 h. ata 3 días antes do inicio de cada campo
  • Cada persoa solicitante elixirá, por orde de prioridade, un máximo de 5 campos de voluntariado. Na solicitude deberá indentificar o campo que solicita co seu código respectivo (consulta de prazas www.xuventude.net
  • Resérvase un número de prazas en campos de voluntariado para persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e inferior ao 65%, deben ter a capacidade de integración nun grupo e as súas limitacións e/ou necesidades especiais deben permitirlles manexarse nas instalacións do campo e participar e beneficiarse das actividades que nel se van desenvolver.

- As prazas serán adxudicadas, mentres existan vacantes, por rigorosa orde de recepción das solicitudes. 

- Unha persoa non poderá ser adxudicataria de máis dun campo de voluntariado durante os 3 primeiros dias de apertura do prazo de solicitude. Unha vez transcorrido este prazo, a persoa que quixera participar en máis dun campo, deberá solicitalo nun novo formulario.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión