Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Nocturnia xullo-agosto 2020. Programa de ocio alternativo

Nocturnia é un programa de ocio saudable para a xuventude organizado polo Servizo de Mocidade da Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Participación do Concello da Coruña que recibe financiamento do Ministerio de Sanidade e Benestar Social. Ofrece unha serie de actividades gratuítas para que a xente moza, de 12 a 30 anos, as teña en conta á hora de planificar as súas fins de semana. Actividades deportivas, artísticas, audiovisuais, lúdicas etc. Moitas delas están preparadas por asociacións e colectivos xuvenís, coa única finalidade de que pasen un momento agradable e divertido coa súa xente e con outras persoas.

Cando:

Dende o 10/07/2020 ata o 22/08/2020

con diferentes prazos de inscrición para cada actividade

Contacto:

Enderezo electrónico: nocturniacoruna@gmail.com

PARA PARTICIPAR EN NOCTURNIA...

1. Bótalles un ollo a todas as actividades (descarga o  pdf coa programación completa )

Mira as que sexan para a túa idade. Lembra que son para persoas de 12 a 30 anos, aínda que algunhas poden concretar máis as idades dentro de cada tramo.

2. Mira as datas, os lugares e as horas nas que teñen lugar. Fíxate tamén no número de sesións.

3. Se xa sabes a cales ir, inscríbete nos prazos axeitados e mira toda a información do programa en coruna.gal/cmix e en coruna.gal/participacion.

OLLO! As inscricións ábrense os luns ás 16.00 h e péchanse os xoves ás 12.00 h, ou ata esgotárense as prazas.

4. Ah! Se as actividades son de continuidade, só tes que inscribirte unha vez.

5. Segues con dúbidas? Consúltanos calquera cousa que precises a través do correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com

IMPORTANTE: para acceder as actividades será obrigatorio o uso de máscara e aceptar as condicións de participación no programa que se poñerán en coñecemento de cada participante. Non esquezas traer o teu DNI ás distintas actividades nas que te inscribises.

Todas aquelas inscricións que non leven os datos correctamente cubertos serán dadas de baixa nas actividades e notificado á persoa en cuestión a través de correo electrónico no caso de que sexa posible.

Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna ( descargar aquí ), ademais da copia do DNI da persoa que autoriza.

Inscrición nas actividades desde o 03/08/2020 ás 16.00 h ata o 06/08/2020 ás 12.00 h, ou ata esgotárense as prazas.

VENRES 7 DE AGOSTO DE 2020:

Ruta nocturna en patíns

  • De 21.00 a 23.00 h
  • Saída desde Riazor (Colexio Escravas)

Obradoiro de StringArt: arte con cordas

  • De 21.00 a 23.00 h
  • Centro Ágora

Obradoiro de danza africana

  • De 21.00 a 23.00 h
  • Centro Ágora

Obradoiro Off estrés

  • De 21.00 a 23.00 h
  • Centro Ágora

Bordado sobre papel

  • De 21.00 a 23.00 h
  • Centro Ágora

SÁBADO 8 DE AGOSTO DE 2020:

Iniciación ao piragüismo

  • De 11.00 a 13.00 h
  • Praia de Oza

Roteiro Faro de Cabo Home: Costa da Vela (Cangas)

  • De 09.00 a 20.00 h
  • Saída desde o Fórum Metropolitano

E, por último, para as actividades que precisen algo específico (roupa cómoda ou deportiva, traxe de baño e gorro...) enviarémosche un correo electrónico ou un SMS indicándocho.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión