Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Proba de Acceso á Universidade para maiores de 25 anos

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) convoca a Proba de Acceso á Universidade para as/os Maiores de 25 anos, correspondente ao ano 2021, no ámbito das tres Universidades de Galicia (UDC, USC e UVigo).

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 27/02/2021 ás 08:30 , 13/03/2021 ás 08:30

Inscricións:

Dende o 08/02/2021 ata o 12/02/2021

Prezo:

Prezo xeral 63,67€.

Requisitos:

  • Persoas maiores de 25 anos de idade no ano natural no que se celebre a proba.
  • Non estar en posesión do título de bacharelato, ou equivalente, Técnico Superior de FP, etc.

Páxina web:

ciug.gal

Organiza:

CiUG

Contacto:

LERDs

CiUG, Comisión Interuniversitaria de Galicia  | Facultade de Dereito, 3º piso. Campus Universitario Sur. 15782 - Santiago de Compostela  | Tel.: 881 813 452  | ciug@ciug.gal

ESTRUCTURA DA PROBA:

Fase Xeral: constará dos seguintes exercicios:

  • Comentario dun texto ou desenvolvemento dun Tema Xeral de Actualidade.
  • Lingua Castelá.
  • Lingua Galega.
  • Lingua Estranxeira: a elixir un idioma no momento da matrícula entre Inglés, Francés, Alemán, Italiano ou Portugués.

Fase Específica: estrutúrase en 5 opcións, e incluirá os exercicios de tres materias: dúas obrigatorias e unha optativa, segundo o seguinte cadro:

OPCIÓNS

MATERIAS OBRIGATORIAS

MATERIAS OPTATIVAS

    

A:

Artes e Humanidades

. Historia da Arte

. Xeografía

. Debuxo Artístico

. Latín

. Literatura Universal

. Volume

B:

Ciencias

. Matemáticas

. Química

. Bioloxía

. Ciencias da Terra e Ambientais

. Física

C:

Ciencias da Saúde

. Bioloxía

. Química

. Ciencias da Terra e Ambietais

. Física

. Matemáticas

D:

Ciencias Xurídicas e Sociais

. Hª do Mundo Contemporáneo

. Matemáticas aplicadas ás C.C. Sociais

. Economía da Empresa

. Literatura Universal

. Xeografía

E:

Enxeñaría e Arquitectura

. Física

. Matemáticas

. Ciencias da Terra e Ambientais

. Debuxo Técnico

. Química

Consulta a adscrición preferente a efectos de acceso das opcións da Proba:  https://ciug.gal/PDF/maiores25/2021/convocatoria_m25.pdf

PRAZO E LUGAR DE MATRÍCULA: do 8 ao 12 de febreiro de 2021, ámbolos dous inclusive, de acordo coas instrucións que indique a CiUG na súa páxina web.

LERD Coruña: Pavillón de Estudantes. Campus de Elviña  Tlf: 981 167 196

DATAS E LUGAR DE REALIZACION DAS PROBAS: na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago, no Campus Sur.

  • A Fase Xeral será o sábado, día 27 de febreiro, a partir das 8,30 h.
  • A Fase específica, o sábado día 13 de marzo, a partir das 8,30 h.
  • Cualificacóns finais provisorias (NERTA) o 22 de marzo.
  • Cualificacións definitivas: 30 de marzo (a partir das 15.00h)

ACCESO Á UNIVERSIDADE: para as persoas aprobadas nestas probas, reservarase o 2% das prazas totais de cada titulación con límite de prazas ás que as/os estudantes poidan ter acceso, de acordo coa opción cursada na proba.

Os programas das materias, orientacións e modelos de exame pódense consultar na páxina web da CiUG.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión