Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Axudas da UDC ao transporte urbano na Coruña e Metropolitano áreas Coruña e Ferrol. Curso 2020-2021

A Universidade da Coruña (UDC) convoca 2.570 axudas para o transporte destinadas ao alumnado que estea matriculado no curso 2020-21 dun mínimo de 30 créditos nunha titulación oficial de Grao / Máster ou a tempo completo, no caso de alumnado de Doutoramento.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 04/12/2020

ás 14:00 horas.

Requisitos:

  • Ter formalizada a matrícula no curso 2020-21 nun mínimo de 30 créditos, ou dos que lles resten para finalizar as titulacións de grao ou máster, ou a tempo completo para o alumnado de doutoramento, manter a matrícula durante todo o curso, estar ao corrente do pagamento dos prezos públicos, e cumprir un dos seguintes requisitos:
    • Ser beneficiario/a dunha bolsa do Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) no curso 2019-20, en estudos postobrigatorios: bacharelato, ciclo formativo de grao superior (CFGS); proba para maiores de 25 anos e universitarios.
    • Ter concedida unha axuda propia da UDC, para alumnado en situación de dificultades económicas, no curso 2019-20.
    • Ter concedida unha axuda propia da UDC para alumnado en situación excepcional provocada pola COVID 19, do curso 2019-20 
  • O resto de alumnado que non cumpra ningún dos requisitos establecidos anteriormente, poderá solicitar a axuda ao transporte e optará ás axudas que non sexan concedidas ao alumnado do primeiro apartado. 
  • Solicitudes: o proceso será exclusivamente telemático. 

Remuneración / Dotación:

  • No caso da tarxeta urbana da Coruña Millenium: 300 viaxes a un prezo de 0,30€/viaxe. 
  • No caso da TMG, o importe máximo da subvención será de 114€ en viaxes. 

Páxina web:

www.udc.gal

Contacto:

Universidade da Coruña. SAPE (Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante)

Telf. 981 167 000

correo: axudas.transporte@udc.es 

Documentos:

Convocatoria (123 KB)

As modalidades de axudas serán dúas:

  • Modalidade 1. Transporte urbano da cidade da Coruña: Tarxeta Millenium
    • Para poder beneficiarse destas axudas, será requisito inescusable estar en posesión da Tarxeta Millenium. Tramítase nas oficinas municipais da Estación de Autobuses da Coruña. O alumnado terá un prazo de dous meses para activala desde a resolución definitiva da convocatoria. No caso de non o facer así perderá o dereito á axuda. A tarxeta Millenium poderá ser utilizada no curso seguinte por aquel alumnado que non esgotara a totalidade das viaxes subvencionadas, e continúe estudos na UDC, ata esgotar as viaxes ou ata o 30/11/2021.
  • Modalidade 2. Transporte metropolitano das áreas metropolitanas da Coruña e de Ferrol: TMG
    • Tarxeta do Transporte Metropolitano de Galicia, TMG, para alumnado maior de 21 anos. Os menores de 21 anos, teñen á súa disposición a tarxeta XENTE NOVA, que lles ofrece viaxes gratuítas. 

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión