A continuación publícanse as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que comezará o 26 de abril.
Para público en xeral
Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación
Locais de Ensaio
R/ Francisco Pérez Carballo 2 (Coliseum)
15008 - A Coruña
Correo electrónico: locaisdensaio@gmail.com
Facebook: www.facebook.com/locaisdensaio.coruna
Unha vez publicada esta listaxe, ábrese un prazo de 10 días naturais para que os/as interesados/as poidan presentar as alegacións que estimen convenientes. Cando finalice este prazo, publicarase a listaxe definitiva. Os grupos que consten con solicitudes incompletas poderán enviar a documentación requirida ao enderezo xuventude@coruna.es
De existir algún grupo que, tendo presentada a súa solicitude en prazo, non apareza nesta listaxe, poderá porse en contacto cos Locais de Ensaio do Concello da Coruña no correo electrónico: locaisdensaiocoliseum@gmail.com
Todos os grupos que finalmente resulten aptos serán convocados mediante correo electrónico á xuntanza de adxudicación de horarios. Nela, como é costume, iranse repartindo os horarios dispoñíbeis segundo a orde estipulada no regulamento interno, requirindo a presenza dun/dunha único/a representante de cada agrupación. Os grupos aptos que non asistan a esta xuntanza, xunto cos grupos cuxa solicitude fose enviada unha vez que remate o prazo ordinario de inscrición, conformarán a listaxe de agarda. Nela, ofertaranse por orde de solicitude os horarios que queden sen adxudicar.
AMPLIADO PRAZO ATA O 19 DE ABRIL DE 2021, ATA As 14:00 H.
O programa AIX desenvolverase de abril a xuño 2021
Prazo de envío de solicitudes ata o 13/04/2021
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible