Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Nocturnia outono 2020. Programa de ocio alternativo

Nocturnia é un programa de ocio saudable para a xuventude organizado polo Servizo de Mocidade da Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Participación do Concello da Coruña que recibe financiamento do Ministerio de Sanidade e Benestar Social. Ofrece unha serie de actividades gratuítas para que a xente moza, de 12 a 30 anos, as teña en conta á hora de planificar as súas fins de semana. Actividades deportivas, artísticas, audiovisuais, lúdicas etc. Moitas delas están preparadas por asociacións e colectivos xuvenís, coa única finalidade de que pasen un momento agradable e divertido coa súa xente e con outras persoas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 20/11/2020 ata o 05/12/2020

con diferentes prazos de inscrición para cada actividade

Contacto:

Enderezo electrónico: nocturniacoruna@gmail.com

Documentos:

Programa Nocturnia Outono 2020 (346 KB)

PARA PARTICIPAR EN NOCTURNIA...

1. Bótalles un ollo a todas as actividades (ver pdf adxunto coa programación completa).

Mira as que sexan para a túa idade. Lembra que son para persoas de 12 a 30 anos, aínda que algunhas poden concretar máis as idades dentro de cada tramo.

2. Mira as datas, os lugares e as horas nas que teñen lugar. Fíxate tamén no número de sesións.

3. Se xa sabes a cales ir, inscríbete nos prazos semanais. OLLO, que hai novidades!

  • Nesta edición cada actividade ten un aforo moi reducido cumprindo coa normativa sanitaria vixente.
  • Haberá desdobre de actividades: moitas actividades terán dúas sesións no mesmo día.
  • Non está permitido inscribirse as dúas sesións dunha mesma actividade. No caso de facer a inscripción para as dúas sesións esta será anulada.
  • As inscricións ábrense os luns ás 16.00 h e pechanse os xoves ás 12.00 h, ou ao esgotar prazas.
  • Se as actividades son de continuidade só hai que inscribirse unha vez.

4. As actividades cumprirán rigurosamente coa normativa sanitaria aplicable ás actividades de ocio e tempo libre para a mocidade. Nocturnia ten un protocolo que será enviado a cada participante e deberá aceptarse a través dunha declaración responsable.

5. Segues con dúbidas? Consúltanos calquera cousa que precises a través do correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com

IMPORTANTE: para acceder as actividades será obrigatorio o uso de máscara e aceptar as condicións de participación no programa que se poñerán en coñecemento de cada participante. Non esquezas traer o teu DNI ás distintas actividades nas que te inscribises.

Todas aquelas inscricións que non leven os datos correctamente cubertos serán dadas de baixa nas actividades e notificado á persoa en cuestión a través de correo electrónico no caso de que sexa posible.

Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna ( descargar aquí ), ademais da copia do DNI da persoa que autoriza.

Inscrición nas actividades desde o 30/11/2020 ás 16.00 h. ata o 03/12//2020 ás 12.00 h., ou ata esgotar as prazas.

VENRES 4 DE DECEMBRO DE 2020:

Paddel Surf

  • De 16.00 a 17.50 h.
  • Marina Coruña.

Ven a escalar (rocódromo)

  • De 18.15 a 19.45 h.
  • Frontón de Riazor.

Iniciación teatral: xogando co medo escénico (Actividade de continuidade)

  • De 17.30 a 20.30 h.
  • Centro Ágora.

Obradoiro de StringArt: arte con cordas - Grupo A

  • De 17.30 a 19.00 h.
  • Centro Ágora.

Obradoiro de StringArt: arte con cordas - Grupo B

  • De 19.30 a 21.00 h.
  • Centro Ágora.

Taller de baile latino - Grupo A

  • De 17.30 a 19.00 h.
  • Centro Ágora.

Taller de baile latino - Grupo B

  • De 19.30 a 21.00 h.
  • Centro Ágora.

Laboratorio de creación audiovisual con móbiles - Grupo A

  • De 17.30 a 19.00 h.
  • Centro Ágora.

Taller de Bird-ecohouse - Grupo A

  • De 17.30 a 19.00 h.
  • Centro Ágora.

Taller de Bird-ecohouse - Grupo B

  • De 19.30 a 21.00 h.
  • Centro Ágora.

Ruta sobre Cidade e Hª: arquitectura desmontada II

  • De 19.00 a 21.00 h.
  • Saída desde Praza de Mª Pita.

Súmate ao Bicio-cleta

  • De 19.00 a 21.30 h.
  • Saída de Riazor.

SÁBADO 5 DE DECEMBRO DE 2020:

Ruta: "Illas da Coruña"

  • De 09.00 a 14.30 h.
  • Saída desde o Centro Ágora.

Iniciación ao piragüismo

  • De 16.30 a 18.30 h.
  • Praia de Oza.

Taller de paus de choiva - Grupo A

  • De 17.00 a 18.30 h.
  • CCM Cidade Vella.

Taller de paus de choiva - Grupo B

  • De 19.00 a 20.30 h.
  • CCM Cidade Vella.

Xornada de xogos de misterio

  • De 17.00 a 20.00 h.
  • CCM Cidade Vella.

Taller de notebook - Grupo A

  • De 17.30 a 19.00 h.
  • Centro Ágora.

Taller de notebook - Grupo B

  • De 19.30 a 21.00 h.
  • Centro Ágora.

Taller de mandalas: cores da emoción - Grupo A

  • De 17.30 a 19.00 h.
  • Centro Ágora.

Taller de mandalas: cores da emoción - Grupo B

  • De 19.30 a 21.00 h.
  • Centro Ágora.

Obradoiro de linogravado - Grupo A

  • De 17.30 a 19.00 h.
  • Centro Ágora.

Obradoiro de linogravado - Grupo B

  • De 19.30 a 21.00 h.
  • Centro Ágora.

E, por último, para as actividades que precisen algo específico (roupa cómoda ou deportiva, traxe de baño e gorro...) enviarémosche un correo electrónico ou un SMS indicándocho.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión