Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
OBXECTIVOS
O Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX) establece como obxectivos principais:
1) Proporcionarlle á mocidade da cidade, fundamentalmente de entre 14 e 30 anos, a información necesaria para lograr a súa participación activa e responsable na sociedade.
2) Posibilitar a igualdade de oportunidades e facilitar a transición á vida adulta.
3) Ser un catalizador de intereses e demandas da mocidade coruñesa.
4) Converterse en observatorio permanente dos intereses, necesidades e iniciativas da mocidade, podendo extraer conclusións de interese para a planificación de accións das diversas entidades municipais.
O equipo do CMIX está composto por: un coordinador, 4 informadoras xuvenís e unha operaria informática. Este equipo é permanente ao longo de todo o ano.
O CMIX creouse no ano 1990 e pertence á Rede Galega de Documentación e Información Xuvenil. Esta rede está regulada en virtude da Lei 6/2012, do 19 de xuño, de mocidade de Galicia. (DOG núm. 139 do 20 de xullo)
CANLES
1. INFORMACIÓN E ASESORAMENTO: en persoa, por teléfono, por correo electrónico (cmix@coruna.es) , a través do sitio web www.coruna.gal/cmix, e nas súas redes sociais Facebook Cmix.coruna, e Twitter @CMIXCoruna
2. AUTOINFORMACIÓN: a través de paneis, dossieres, da web www.coruna.gal/cmix, e de redes sociais
3. DOCUMENTACIÓN: préstamo a domicilio de guías de viaxes, préstamo e consulta en sala, e tamén a través do expediente en liña de "Educación" e o "Buscador de estudos", actualizado e dispoñible en www.coruna.gal/cmix.
Os fondos da Área de Documentación están referenciados e poden ser consultados a través do catálogo en liña do sistema de Bibliotecas Municipais (www.coruna.gal/bibliotecas)
- Biblioteca: composta por monografías, dossieres de autoinformación, folletos, directorios de recursos e numeroso material documental en diversos formatos (dípticos, carteis, material autoeditado...).
- Hemeroteca: revistas, boletíns informativos
- Viaxeteca: servizo de préstamo a domicilio de guías turísticas para socios das Bibliotecas Municipais da Coruña, mapas de situación e de estradas, planos das cidades máis importantes, aloxamentos, rutas, deportes alternativos...
4. EXPEDICIÓN DOS SEGUINTES CARNÉS:
5. PÁXINA WEB:
Páxina web do Centro Municipal de información Xuvenil que permite, a través dun sinxelo menú, acceder a amplos e diversos contidos de interese para a mocidade: convocatorias de bolsas, concursos, actividades, exames... Buscador de estudos, información sobre recursos e servizos vinculados á cultura, o deporte, a solidariedade, educación, emprego, vivenda, sexualidade, asociacionismo, tempo libre...
6. REDES SOCIAIS E BOLETÍNS ELECTRÓNICOS DE INFORMACIÓN
7. SERVIZO GRATUÍTO DE SUBSCRICIÓNS A TRAVÉS DE SMS E RSS
O CMIX pon a disposición da cidadanía, un servizo de subscrición á información de máis actualidade.
8. PLATAFORMA 14
O CMIX, puxo en marcha a Sala de exposicións Plataforma14 co fin de crear un espazo vinculado á creación e cedérllela á mocidade e colectivos de ámbito xuvenil, así como a centros educativos e entidades vinculadas coa arte emerxente.
Nesta sala, situada no Fórum Metropolitano, expoñeranse proxectos artísticos pertencentes, en sentido amplo, ao ámbito das artes visuais: debuxo, escultura, instalacións artísticas, fotografía, ilustracións, perfomances, pintura, videoarte etc.
A cesión da sala é gratuíta e ademais está dotada de iluminación, sistema de suxeición e soportes adecuados para a exposición de artes plásticas e/ou multimedia.
Nestas ligazóns podes obter máis información sobre o traballo que realizamos:
Onde estamos?:
Edf. Fórum Metropolitano, r/ Río Monelos, 1, 15006 A Coruña. Tel.: 981 184 294 WhatsApp: 606 36 23 66 cmix@coruna.es
15/04/2021
Presentación ás 9.00h.Dende o 18/02/2021 ata o 03/03/2021
Dende o 01/03/2021 ata o 22/03/2021
Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)
Fórum Metropolitano
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible