Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Como inscribirme nunha actividade

Temos un novo sistema de inscrición que utilizaremos en todas as nosas actividades.

Aínda que é moi sinxelo, lembra que podes preguntar calquera dúbida chamándonos ao 981 184 294 no horario de atención ao público do noso centro.

O botón "Inscríbete"

Cada actividade con inscrición terá un botón co texto "Inscríbete" no que verás as prazas libres de cada actividade.

O primeiro paso é premer sobre el e, despois, seleccionar o número de inscricións que queres realizar (no programa Nocturnia permitímosche facer unha inscrición por persoa). Ten en conta que neste punto o sistema realiza unha prerreserva da praza que selecciones por un tempo limitado. É dicir, se o sistema detecta que o proceso se prolonga máis do necesario terás que volver comezar.

Neste punto, o sistema rediríxete á Plataforma de login de Smart City.

Volver a menú

A plataforma Smart City

Captura de pantalla da pestana de login de acceso a Smart City.

A primeira vez que realices unha inscrición nalgunha das actividades municipais, o sistema necesitará que te deas de alta na Plataforma Smart City indicando uns cantos datos básicos.

Se o prefires, podes darte de alta vinculando a túa conta de Facebook, Google ou LinkedIn.

Nas sucesivas ocasións só precisarás introducir o teu usuario e contrasinal, e o sistema xa lembrará todos os teus datos persoais.

Unha vez creas o teu perfil na plataforma Smart City, ou introducido o teu usuario e contrasinal, automaticamente serás redirixido/a ao proceso de inscrición na actividade onde simplemente vas ter que responder á información que se che solicite.

Volver a menú

Inscríbeste ti ou inscribes a outra persoa?

Usando o teu usuario e contrasinal podes inscribirte a ti mesmo/a ou inscribir a outra persoa. Neste caso, necesitarás darnos os seus datos básicos.

O sistema lembrará os datos das persoas que inscribas, de forma que nunca terás que introducir a mesma información dúas veces.

Unha vez realizada a inscrición, o sistema enviarache un correo electrónico cos datos das persoas que inscribas e cunha ligazón por se queres dar de baixa a algunha delas.

Por favor, se non vas poder asistir, pregámosche que recuperes este correo electrónico para efectuar a baixa porque o sistema avisará á primeira persoa da lista de espera.

Volver a menú

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión