Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Programa de antenas de información xuvenil

Cartel do programa de Antenas 2019-2020

O Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña, sitúa durante o curso unha REDE de pequenas sucursais, en centros públicos (IES, CIFP, a Escola Oficial de Idiomas, a Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso e o Conservatorio Profesional de Música), e tamén en centros concertados con ESO e bacharelato da cidade.

Cada AIX comprende:

  • Un taboleiro, desde ou que se difundirá información de interese xuvenil: música, teatro, deportes, cinema, concursos... etc.
  • Información actualizada proprocionada semanalmento polo CMIX.
  • As canles dixitais de interese xuvenil.
  • E o máis importante: unha persoa ó un grupo de persoas..., os/as ANTENAS

Para ser unha antena de información xuvenil, buscamos voluntarias/vos:

  • Ter un mínimo de 15 anos e un máximo de 30 anos cumpridos no ano natural de inicio do curso.
  • Moza ou mozo, soa/só ou acompañada/ou, matriculadas/vos en un centro de estudo onde se desenvolve o programa. A antena de cada centro poderá ser xestionada por un máximo de 3 persoas.

Disposta/ou a realizar as seguintes funcións:

  • Manter o taboleiro informativo actualizado semanalmente, ordenado e atractivo.
  • Redifundir a información de interese xuvenil a través dos medios de comunicación á súa alcanc: redes sociais, compañeiras/vos de instituto, delegadas/vos de clase, etc.

E adquirir os seguintes compromisos:

  • Asistir ás accións formativas e reunións de coordinación que se convoquen.
  • Establecer un acordo de incorporación para o desenvolvemento deste programa.

O CMIX ofrece:

  • Recibir formación en materia de información xuvenil.
  • Recibir gratuitamente o carné xove, o carné internacional de estudante e o carné de alberguista durante o ano escolar no que participes como Antena de Información Xuvenil.
  • Un certificado oficial que acredite a túa participación no programa.
  • Entradas a eventos organizados ó programados polo Concello (concertos, eventos deportivos, cinema, teatro..).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión