Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

CONVOCATORIAS

O CMIX dispón dun directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.

Non perdas

resultados 289

  • Formación de formadores contra o odio cotián

    Cartel da formación: catro acodes novos sentadas sostendo diante das súas caras viñetas en forma de nube coas palabras: bo trato, respecto, tolerancia, diversidade.

    Cando:

    Dende o 26/10/2020 ata o 30/10/2020

    Inscricións:

    Dende o 01/06/2020 ata o 26/06/2020

    Cazalla Intercultural, coa colaboración da asociación “Joves Solides” de Valencia e a Fundación “Ao Fanar” de Madrid e co apoio do Concello de Lorca, coordina o proxecto “COCO – Contra o Odio Cotián”, financiado polo Programa de Dereitos, Igualdade e Cidadanía da Unión Europea (2014-2020), un proxecto de 2 anos co cal pretenden loitar contra o racismo, a islamofobia e o discurso de odio.

  • 15º Edición Festival EUTOPÍA 2020. Proposta de proxectos

    Logo Festival Eutopía 2020

    Cando:

    Dende o 09/10/2020 ata o 18/10/2020

    Inscricións:

    Dende o 01/05/2020 ata o 15/06/2020

    Eutopía é o festival de creación nova por excelencia en Andalucía, e celébrase en Córdoba. Esta convocatoria do Instituto Andaluz da Mocidade (IAJ) tenta que as novas xeracións desenvolver a súa capacidade de creación como parte da súa vida, e con iso a solución aos problemas e realidades que lles toca vivir. A 15ª edición de Eutopía apostará polo ámbito dixital e chamarase Eutopia Insight.

  • 4 peóns para o Concello de Abegondo

    formas geométricas

    Inscricións:

    Ata o 10/06/2020

    O Concello de Abegondo convoca proceso selectivo, mediante o sistema de concurso-oposición, para a contratación laboral temporal de 2 peóns de obras públicas e 2 peóns forestais por un período de 6 meses

  • Campamento de verán 2020 da Escola de Triatlón Coruña

    Cartel informativo do campamento

    Cando:

    Dende o 22/06/2020 ata o 14/08/2020

    Quendas:

    • Del 22 de junio al 03 de julio
    • Del 06 de julio al 17 de julio
    • Del 20 de julio al 31 de julio
    • Del 3 de agosto al 14 de agosto
    • Del 17 de agosto al 28 de agosto

    Inscricións:

    Ata o 19/06/2020

    A Escola de Triatlón Coruña organiza na Piscina de Riazor o campamento de verán 2020 para nenas e nenos entre 5 e 16 anos. Nel realizaranse distintas actividades como xogos acuáticos e rutas en bici.

  • Recrea. Campamento de verán en Rialta

    Cartel campamento recrea.

    Cando:

    Dende o 22/06/2020 ata o 14/08/2020

    Quendas semanais.

    Inscricións:

    Ata completar prazas

    A Residencia Rialta da Fundación Maria José Jove, ofrece o Campamento RECREA a nenas e nenos entre 4 e 12 anos da Coruña e a súa contorna. En grupos dun máximo de 10 nenos por monitor e cumprindo todos os protocolos en materia de prevención do Covid-19, combinará xogos e gymkanas ao aire libre con actividades de vela, piragüismo e saídas culturais pola cidade.

  • 45 socorristas para o Concello de Ferrol

    salvavidas

    Inscricións:

    Ata o 08/06/2020

    O Concello de Ferrol convoca proceso selectivo, polo procedemento de concurso-oposición, para a contratación laboral temporal de 45 socorristas (dos cales 1 desenvolverá as funcións de coordinador/a de praias e 7 as de coordinadores/as de caseta) para a prestación das labores de vixilancia e de salvamento nas praias do Concello de Ferrol

  • Encontro virtual: Persoa 2.0. Un paseo filosófico pola era dixital

    Escultura "El Pensador" de Auguste Rodin

    Cando:

    10/06/2020

    Inscricións:

    Dende o 03/06/2020 ata o 09/06/2020

    As Bibliotecas Municipais do Concello da Coruña, solas ou en colaboración, organizan charlas, conferencias, debates. Aventúrate a descubrir un novo tema de interese, a ampliar información e contrastar ideas, coñecementos opinións arredor de temas de actualidade ou de interese xeral.

  • Proceso de selección para o posto de xefa ou xefe da División de Innovación Tecnolóxica e Telecomunicacións no Cixtec

    Pantalla con datos.

    Inscricións:

    Ata o 25/06/2020

    O Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec), convoca un proceso de selección para o posto de xefa ou xefe da División de Innovación Tecnolóxica e Telecomunicacións, baixo a modalidade de alta dirección.

  • Sol e cardos. Campamentos de verán da Fundación Luis Seoane

    Cartel del campamento

    Cando:

    Dende o 22/06/2020 ata o 17/07/2020

    • Semana 1 - 22 xuño a 26 xuño 
    • Semana 2 - 29 xuño a 3 xullo 
    • Semana 3 - 6 xullo a 10 xullo 
    • Semana 4 - 13 xullo a 17 xullo

    Inscricións:

    Ata o 19/06/2020

    A Fundación Luis Seoane presenta unha nova edición do campamento de verán Sol e Cardos dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos que, de luns a venres, en horario de 10 a 14 horas, levarán a cabo unha serie de actividades ao redor da obra plástica e o pensamento de Luis Seoane.

  • 8 prazas para a escala de xestión da USC

    imaxe geométrica

    Inscricións:

    Ata o 22/06/2020

    A Universidade de Santiago de Compostela convoca probas selectivas para cubrir 13 prazas na escala de xestión, subgrupo A2, polas quendas de promoción interna (5 prazas) e acceso libre (8 prazas) e o sistema de selección de concurso-oposición

resultados 289

convocatorias

Convocatorias

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión