Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

1 m2 polo Campo, os Bosques e o Monte

O Proxecto Libera pretende contribuír a acabar co grave problema que supón o abandono de lixos e residuos nos espazos naturais grazas a unha nova acción de ciencia cidadá, e convindan a participar na nova convocatoria de "1 m2 polo Campo, os Bosques e o Monte".

A quen vai dirixido?:

A esta iniciativa poderanse unir organizacións, Ong, asociacións e grupos de voluntarios.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 12/12/2020 ata o 20/12/2020

Inscricións:

Tes ata o 06/12/2020 para abrir o teu punto

Requisitos:

  • Proxecto LIBERA adopta unhas medidas especiais para poder desenvolver a actividade da maneira máis responsable posible. Unha das medidas máis importantes é que os grupos de recollida deberán ser de entre 2 e 6 persoas por cada punto.
  • Para o resto dos detalles sobre limpeza, desinfección e organización, podedes consultar o seu protocolo COVID19. Ademais, todos deberemos seguir as recomendacións de seguridade que diten as Comunidades Autónomas. Algunhas das medidas:
    • Os grupos de recollida non deberán ser de máis de 10 persoas por cada punto. 
    • Limpeza e desinfección de mans e pel en xeral, así como superficies e útiles. Lavándose as mans con auga e xabón e/ou desinfectante con frecuencia.
    • Inclúese nos materiais para enviar un bote con xel hidroalcohólico para a limpeza e desinfección (ata esgotar existencias).
    • Manter a distancia social de seguridade de 2 metros.
    • Uso de máscaras en todo momento (así como luvas) a pesar de manter a distancia de seguridade.
    • Evitar saúdos con contacto.
    • Non compartir nada: roupa, materiais, comida...

Páxina web:

https://proyectolibera.org/proximos-eventos/

Contacto:

Proyecto Libera

Email: libera@seo.org 

1 m2 polo campo, os bosques e o monte, contribúe grazas a todos vós a coñecer a tipoloxía e características da  basuraleza abandonada grazas aos vosos datos.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión