Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

3º Encontro de Síntese Modular da Coruña MODULARTEC

O 3º Encontro de Síntese Modular da Coruña Modulartec reunirá a un conxunto de artistas no Aquarium e na Fundación Seoane que traballan na vangarda da música e que teñen como denominador común o uso de sintetizadores modulares, que combinan con outros instrumentos como percusión, guitarras ou, como no caso de Biyi Amez, o theremin, que neste 2020 cumpre 100 anos dende a súa invención.

Cando:

Dende o 02/10/2020 ata o 03/10/2020

Prezo:

De balde.

Páxina web:

https://www.coruna.gal/

Contacto:

Programa:

Data: Venres 2 de outubro - 20:00 h. Lugar: Aquarium Finisterrae. Sala MAREMAGNUM

  • TELEMACO: Dr. Think e Mike Rolling, é dicir, Álvaro Pardo e Miguel Rulos, falan sobre a vida nun proxecto chamado Telémaco, no que combinan «a música impetuosa de Beethoven coas bandas sonoras anodinas dos aeroportos, as enérxicas conversacións sobre a paixón coa cadencia relaxada dun saxo». Eles miran a vida como fusión e confusión e ofrécennos ese mapa sonoro acomodando melodías nadas de instrumentos tradicionais sobre cómodos colchóns de bases electrónicas. 
  • BIYI AMEZ: Músico mallorquino polifacético, posuidor dun auténtico arsenal de criaturas sónicas. Biyi publicou o seu primeiro traballo a finais dos 90 e trátase da triloxía titulada La máquina del Tiempo nun estilo que a grandes liñas poderiamos cualificar de hip-hop instrumental, breaks ou headz music moi en boga nesa época. Actualmente está considerado un dos poucos especialistas na interpretación do theremin en España e realizará nunha actuación con este instrumento e os seus sintetizadores modulares.

Data: Sábado 3 de outubro - 18:00 h. Lugar: Fundación Luis Seoane. Patio

  • CARLOS SUÁREZ: Compositor, etnomusicólogo e percusionista galego-venezolano, nacido en Ourense. É Mestre compositor polo Conservatorio Superior de Música Simón Bolívar de Caracas e etnomusicólogo polo Instituto Universitario de Estudos Musicais de Caracas. Creou máis de 40 obras acústicas e electroacústicas. Tamén ten composto para danza, teatro, radio, vídeo, instalacións e recitais poéticos.
  • LINALAB: Lina Bautista é unha moza colombiana nacionalizada española e establecida en Barcelona desde 2009 e formada no campo da experimentación electroacústica. Construíu un discurso musical baseado no tratamento en tempo real da guitarra, as texturas electrónicas e as paisaxes sonoras.
  • JUAN MANUEL CIDRÓN: Juan Manuel Cidrón é un talento veterano da electrónica española desde os primeiros oitenta e desde a súa Almería natal. É un home analóxico, nin ten ordenador nin sequera teléfono móbil, e o seu son céntrase nos sintetizadores e os instrumentos analóxicos. A súa colección de aparellos é impresionante, unha das mellores do país. O seu son está influenciado nos seus primeiros anos pola Escola de Berlín dos setenta (Tangerine Dream, Klaus Schülze, etc...). Cun extenso background difícil de seguir, a súa liña de traballo é moi independente. Cidrón traballa sempre desde a la #Ultraperiferia de su Extrarradio, selo propio no que publicou 20 referencias. 
  • DEATH WHISTLE: Víctor García é xa un vello coñecido de Modulartec xa que participou no primeiro encontro e esta vez vai presentar a súa evolución dentro da interpretación con sintes modulares. É un compositor, deseñador sonoro e programador que traballou en proxectos como Decorado, Psiconautas, los niños olvidados, Sangre de Unicornio ou Ramiro, sucia rata. O seu traballo foi exposto en festivais de cinema tan importantes como Cannes, San Sebastián ou Annecy. Cabe destacar, o premio Goya 2017 á mellor película de animación por Psiconautas, los niños olvidados, o Goya 2017 á mellor curtametraxe de animación por Decorado e os nomeamentos ao Goya de Soy una Tumba e Sangre de Unicornio en 2019 e 2015 respectivamente.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión