Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

A Casa dos xoguetes. Recollida e entrega de xoguetes

O Concello da Coruña, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), pon en marcha A Casa dos Xoguetes; unha iniciativa para fomentar o consumo responsable de xoguetes, a solidariedade e economía circular, na que un servizo municipal de recollida almacenará, para a súa posterior entrega, as doazóns desinteresadas de xoguetes destinados a nenas/os de ata catorce anos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

O servizo desenvolverase desde o 14/11/2020 ao 05/01/2021

Horario:

NOVEMBRO

  • De luns a venres de 10.00 a 19.00 h ininterrompidamente.
  • Sábados de 10.00 a 14.00 h.
  • Domingos pechado.

DECEMBRO

  • De luns a sábado de 10.00 a 19.00 h ininterrompidamente.
  • Domingos e festivos de 12.00 a 20.00 h.
  • Horarios especiais no mes de decembro:
  • O 24 e o 31 de decembro horarios especiais entre as 12.00 e as 18.00 h ininterrompidamente.

XANEIRO

  • Do 2 ao 4 de xaneiro de 10.00 a 19.00 h ininterrompidamente.
  • Día 5 de xaneiro de 10.00 a 21.00 h ininterrompidamente.
  • Horarios especiais no mes de xaneiro:
  • Día 1 de xaneiro de 12.00 a 18.00 h ininterrompidamente.

Requisitos:

  • Os xoguetes deberán ter as seguintes características: 
    • Que sexan produtos deseñados ou previstos para ser utilizados con fins de xogo por nenas/os menores de catorce anos. 
    • Deben de reunir boas condicións de hixiene e de estado. 
    • Deben de ser seguros.

Páxina web:

https://www.coruna.gal/omic/

Contacto:

Oficina Municipal de Información as Persoas Consumidoras (OMIC)

Teléfono: 981 189 820

Teléfono de información xeral do concello: 010

Como colaborar con esta iniciativa?

Durante as datas sinaladas o servizo municipal recollerá, para a súa posterior entrega, as doazóns desinteresadas de xoguetes destinados a nenos e nenas de ata 14 anos.

Os xoguetes entregaranse gratuitamente a aquelas persoas interesadas en recibilos. Neste ano tan singular pola incidencia do COVID, os xoguetes recibidos permanecerán antes de ser exhibidos nas súas instalacións as xornadas suficientes para neutralizar o efecto do coronavirus.

Se despois da última xornada teñen aínda xoguetes na tenda, serán doados a unha ONG para a súa posterior distribución.

Localización da Tenda Solidaria de Nadal: Rúa Juan Flórez, 104. A Coruña

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión