Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Actividades Socioculturais en liña

Benestar Social abre unha nova convocatoria de actividades socioculturais en liña e gratuítas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 25/01/2021 ata o 14/05/2021

Xa rematou

Prezo:

Actividades de balde.

Páxina web:

Actividades Centros Cívicos

Organiza:

Contacto:

Concello da Coruña.

Tel.: 010, ou se chama desde fóra da cidade da Coruña ó 981 184 200.

O Concello, a través da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación, oferta unha nova convocatoria de actividades socioculturais dos centros cívicos municipais a disposición da veciñanza. As materias impartiranse exclusivamente en liña, como medida preventiva de contaxios da Covid-19, desde o 25 de xaneiro até o 14 de maio.

A través da canle de YouTube "Coruña Acompaña" ofreceranse 18 actividades socioculturais de luns a venres en formato vídeo para que a cidadanía poida seguir desfrutando deste programa desde os seus fogares sen poñer en risco a súa saúde. As actividades subidas nesta canle serán da seguinte tipoloxía:

  • Actividade física: de cara a combater o sedentarismo, ofrécense actividades como pilates, ioga, taichí moderno, ximnasia funcional, corpo en forma e control do movemento.
  • Actividades de expresión corporal: swing, danza do ventre para facer exercicio ao ritmo da música.
  • Novas tecnoloxías: programación creativa, un taller destinado a programar e coñecer os recursos que as novas tecnoloxías nos brindan.
  • Actividades de expresión plástica: debuxo manga ou diver-manualidades, para experimentar diferentes técnicas e materiais.
  • Estimulación cognitiva: potencia a túa mente, unha proposta de traballo en liña con vídeos de exercicios e materiais didácticos descargables para exercitar a mente e a memoria.
  • Idiomas: inglés lúdico, inglés para principiantes ou Lingua de Signos Española (LSE) para aprender novas competencias comunicativas e gramaticais.
  • Habilidades domésticas: cociña en familia, cociña temática: tuppers saudables, repostería para aprender novas receitas sen moverte da casa.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión