Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Ampliación do programa Educación Ambiental: Para unha Transición Ecolóxica. CEIDA

O CEIDA e a Deputación da Coruña veñen de renovar e ampliar o Programa "Para unha Transición Ecolóxica" con novas actividades educativas dentro da oferta que ofrece aos centros de ensino da provincia da Coruña. O obxectivo fundamental é traballar co alumnado sobre tres temáticas ambientais fundamentais dos nosos tempos, de cara ó seu coñecemento e sensibilización: o lixo mariño, a emerxencia climática e os espazos naturais protexidos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

As actividades desenvolveranse durante o 1º trimestre do curso 2021-2022.

Prezo:

De balde.

Requisitos:

  • Dirixido a: Alumnas e alumnos de último ciclo de Educación Primaria (5º e 6º de Primaria) e alumnado de todos os ciclos de Educación Secundaria Obrigatoria (1º-4º ESO) de toda a provincia da Coruña.
  • As solicitudes deberán enviarse a través do formulario web para cada unha das actividades:

Páxina web:

www.ceida.org

Contacto:

CEIDA - Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia

Castelo de Santa Cruz, s/n. 15179 - Liáns (Oleiros)

Tel. 981 630 618

Email: educacion@ceida.org

ACTIVIDADES

O programa inclúe as seguintes actividades:

LIXO MARIÑO

A sociedade de consumo na que estamos a vivir leva da man unha inxente xeración de residuos, intolerable para o noso planeta. Esta vertente de traballo pretende que a comunidade escolar recoñeza as consecuencias derivadas deste problema ambiental, recapacite e comprenda que con pequenos xestos no noso día a día podemos influír positivamente na redución dos residuos que xeramos de cara a un futuro sustentable. Este programa inclúe charlas nos centros educativos, limpezas de praia e obradoiros.

EMERXENCIA CLIMÁTICA

O obxectivo desta vertente de traballo é concienciar dende as bases sobre o futuro que nos agarda de non combater a emerxencia climática que estamos a vivir, aportando coñecemento sobre ela e traballando sobre que se está a facer e que podemos facer nós como cidadáns. Este programa inclúe charlas nos centros educativos e obradoiros.

ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS DA PROVINCIA DA CORUÑA

Co fin de poñer en valor a importancia do patrimonio natural e cultural de Galicia e establecer vínculos afectivos co medio, o programa inclúe charlas e roteiros guiados polos parques naturais e a reserva de biosfera da provincia da Coruña: o parque natural de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, as Fragas do Eume e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión