Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Axenda de actividades de MUNCYT Coruña

O MUNCYT desenvolve unha serie de programas e actividades a través de propostas divulgativas elaboradas ao redor da colección do museo e, tamén, en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Así mesmo conta con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas. Presentadas as actividades previstas para o mes de xaneiro de 2021.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/01/2021 ata o 31/01/2021

Prezo:

Gratuíto.

Páxina web:

www.muncyt.es

Contacto:

MUNCYT

Praza do Museo Nacional, 1. 15011- A Coruña

Tel.: 689 578 727

Email: reservascor@muncyt.es

Documentos:

Axenda xaneiro 2021 (1 MB)

  • EXPO CAMPUS VIVO. INVESTIGAR NA UNIVERSIDADE: Exposición que presenta unha mostra dalgúns proxectos liderados por investigadores de distintas universidades españolas. Sala Expos Interinas.
  • ESCAPARATE DE MUSEOS: FORD-T: Renovaron o espazo cunha peza prestada pola Fábrica da Luz: Museo da Enerxía de Ponferrada, un Ford modelo T. Saído da factoría creada por Henry Ford en Detroit. Salga Miscelánea.
  • VISITA CURTOCIRCUÍTOS: ¿Preguntáchesche sobre a influencia da ciencia e do desenvolvemento tecnolóxico nos cambios na forma de vida e na nosa contorna ao longo do tempo? Contarancho a través da súa colección. Sábados, domingos e festivos ás 13:00 h. (Sábado 23 ás 12:30 horas - visita guiada con ILSE. con reserva en reservascor@muncyt.es ).
  • TALLER SÁBADOS EUREKA: DESAFÍOS NO MUSEO: Sábados 16, 23, 30 ás 11:30 e 17:30 h. Reserva previa, público familiar a partir de 6 anos, en reservascor@muncyt.es.
  • TALLER DOMINGOS DE DESCUBRIMENTOS: ¡ELECTRIZANTE, MAGNETIZANTE!: Domingos 17, 24, 31 ás 11:30 h. Reserva previa, público familiar a partir de 6 anos, en reservascor@muncyt.es.
  • CICLO "CINEMA PETÍS": Sábados 2 e 9 de xaneiro ás 11:30 e 17:00 h. Ciclo de cinema dirixido a público infantil e adolescente. Tres grandes filmes de animación que convidan a imaxinar outros mundos, viaxar ao espazo exterior, emocionarse coa mellor literatura, desentrañar misterios e vivir un cento de aventuras. Reserva previa, público familiar a partir de 6 anos, en reservascor@muncyt.es.
    • 2 de xaneiro: SOLAN & ERI: MISIÓN Á LÚA (Månelyst i Flåklypa, Rasmus A. Sivertsen, 80 min.) 50 anos despois da mítica chegada á Lúa, Solan e Eri embárcanse nunha aventura espacial para dar o segundo paso sobre o satélite. ¿Conseguirán construír a súa nave e chegar ao espazo?
    • 9 de xaneiro: PHANTOM BOY (Alain Gagnol, Jean-Loup Felicioli, 84 min.) Leo é un adolescente enfermo interno nun Hospital e ten un superpoder: saír do seu corpo e viaxar pola cidade de noite en busca do crime.
  • OFERTA EDUCATIVA 2020-2021: De xaneiro a xuño. O MUNCYT desenvolve unha serie de programas e actividades a través de propostas divulgativas elaboradas ao redor da colección do museo e, tamén, en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Opcións segundo nivel educativo, con reserva previa en reservascor@muncyt.es.
  • CICLO "CHARLAS DE LÚA CHEA" CON MANUEL VICENTE: De xaneiro a abril. Grupos escolares 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato, con reserva previa. Formato virtual, consultar requisitos técnicos.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión