Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Bolsas Europa FP- AcoreEuropa VI - 3ª convocatoria

Cando:

de setembro e decembro de 2018

Inscricións:

Dende o 02/04/2018 ata o 27/04/2018

Requisitos:

  • Ter finalizados os estudos de ciclo medio de FP e ter superada a Formación en Centros de Traballo (FCT) en decembro 2017 ou en xuño de 2018 (no caso dos titulados en xuño de 2018, a súa participación quedará supeditada á xustificación de ter rematado o ciclo e superada a FCT)
  • Ter a titulación de técnico/a medio nalgún dos ciclos formativos de grao medio impartidos nos centros asociados ao programa:
    • IES Ramón Menéndez Pidal
    • IES Fernando Wirtz
    • IES A Sardiñeira
    • IES Urbano Lugrís
    • IES Calvo Sotelo
    • CIFP Ánxel Casal
    • CIFP Paseo das Pontes
    • CIFP Someso
    • Centro de Formación da Cruz Vermella
    • CPR Grande Obra de Atocha
    • CPR Liceo la Paz
  • Estar en situación de desemprego ou ter escasa experiencia profesional.

Remuneración/Dotación:

  • Viaxes de ida e volta desde A Coruña até a poboación de destino
  • Aloxamento no país correspondente durante o período da estadía
  • Axuda económica en concepto de bolsa os gastos de manutención durante a estadía
  • Contrato de formación non laboral por unha empresa do país correspondente durante un período de 90 días
  • Titorización da estadía e das prácticas formativas por persoal especializado
  • Preparación específica no programa e preparación lingüística
  • Seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil

Páxina web:

http://edu.coruna.es

Contacto:

Concello da Coruña - Concellaría de Xustiza Social e Coidados 

Servizo Municipal de Educación

Casa Paredes. Avda. da Marina, 18 - 2ª andar (15003- A Coruña)

Tel.: 981 184 200 Ext.: 12114 (de 9.00-14.00 h.)

correo-e: educacion@coruna.es

Documentos:

bases completas (273 KB)

O Concello da Coruña abre o prazo para a inscrición no programa Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa VI - 3ª Convocatoria, que permitirá que 18 persoas tituladas de ciclos medios de FP poidan facer prácticas formativas de tres meses de duración en empresas de varios países da Unión Europea

Nesta convocatoria ofértanse 18 bolsas, coa seguinte distribución:  

  • Italia (Florencia): 3 prazas
  • Portugal (Lisboa): 5 prazas
  • Irlanda (Cork): 5 prazas
  • Austria (Viena): 2 prazas
  • Francia (Bordeos): 3 prazas

INSCRICIÓN: deberá realizarse en liña na ficha específica do programa en www.edu.coruna.es, e posteriormente presentar o xustificante de solicitude acompañado da documentación requerida nos rexistros municipais  do Concello ou en calquera das dependencias a que se refire a Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común das AAPP

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?