Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Bolsas para participar no programa "Recuperación e utilización educativa de pobos abandonados"

Inscricións:

Ata o 23/04/2018

Duración:

7 días, de domingo a sábado.

Requisitos:

  • Alumnado de centros docentes españois que cursen 3.º e 4.º de Ensino Secundario Obrigatorio, Formación Profesional Básica, Ciclos formativos de Grao Medio de Formación Profesional, Ciclos formativos de Grao Medio de Ensinos Artísticos e Bacharelato e de Seccións españolas en centros doutros países membros da Unión Europea.
  • A idade máxima de participación da convocatoria será de 18 anos cumpridos en 2018.
  • Os/as alumnos/as que desexen participar na actividade, deberán solicitalo mediante o formulario de inscrición que será accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Remuneración/Dotación:

Participación gratuíta na actividade. O traslado desde o domicilio ata o punto de encontro correrá por conta das persoas interesadas e viceversa á finalización da actividade.

Páxina web:

www.mecd.gob.es

Contacto:

Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Los Madrazo 15. 28014 Madrid

Tel.: 910 837 937

programas@mecd.es

Publicación: BOE 24/03/2018 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións: BDNS (Identif.): 390785

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca bolsas para participar no programa nacional "Recuperación e utilización educativa de pobos abandonados" durante as quendas de verán do 2018.

Convócanse un total de 700 bolsas para a participación nas actividades programadas no programa "Recuperación e utilización educativa de pobos abandonados" de Búbal (Huesca), Granadilla (Cáceres) e Umbralejo (Guadalajara) durante o verán de 2018.

  • Alumnado de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria, de Formación Profesional Básica e alumnado de seccións españolas en centros da Unión Europea con idades comprendidas entre os 15 e 16 anos:
    • 1ª quenda: do 8 ao 14 de xullo
    • 3ª quenda: do 22 ao 28 de xullo
  • Alumnado de Bacharelato, Ciclos formativos de Grao Medio de Formación Profesional, Ciclos formativos de Grao Medio de Ensinos Artísticos e alumnado de seccións españolas en centros da Unión Europea con idades comprendidas entre os 17 e 18 anos:
    • 2ª quenda: do 15 ao 21 de xullo
    • 4ª quenda: do 29 de xullo ao 4 de agosto
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?