Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Campamento Aeroespacial Europeo

O Campamento Espacial Europeo é un campamento de verán que terá lugar no verán de 2021 en Andøxa Rocket Range, en Noruega. Está dirixido a 24 persoas novas de idades comprendidas entre os 17 e os 20 anos, que estean interesadas preferentemente na Física Espacial e de foguetes, e que posúan unha formación en Física e Matemáticas

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/08/2021 ata o 08/08/2021

Inscricións:

Ata o 01/04/2021

Prezo:

Dependendo da bolsa, é posible que o transporte ao campamento non estea cuberto, pero todos os demais gastos si.

Requisitos:

  • As persoas participantes deben ter entre 17 e 20 anos de idade (nadas entre o 1 de xaneiro de 2001 e o 31 de decembro de 2004).
  • Deben falar inglés con fluidez e ter paixón pola ciencia.

Páxina web:

https://spacecamp.no/

Contacto:

Os participantes pasarán unha semana facendo experimentos técnicos relacionados cunha campaña de foguetes, traballando como verdadeiros científicos, aprendendo a explotar o coñecemento que xa posúen e ampliando a súa comprensión da ciencia aplicada. Tamén haberá unha serie de conferencias dalgúns dos mellores científicos e enxeñeiros de Europa sobre temas que van desde a física dos foguetes ata a aurora boreal.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión