Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Campamento Son d’aquí

A Asociación Cultural Son d'aquí organiza un campamento co que ofrecer unha experiencia lúdica e pedagóxica na que as nenas e nenos gocen do seu tempo de lecer, xunto con outros compañeiros e compañeiras, ao tempo que aprenden xogando con elementos relacionados coas diferentes artes da cultura galega.

Cando:

Dende o 03/08/2020 ata o 04/09/2020

Inscricións:

Para inscribirse, é necesario cubrir o seguinte formulario: https://url2.cl/xQtEB

Horario:

De luns a venres, de 09.00 a 14.00 h

Duración:

5 semanas

Número de prazas:

O campamento dispón dun máximo de 15 prazas para nenos e nenas a partir de 5 anos. Terán preferencia os/as nenos/as socios/as e aqueles/as que se inscriban no campamento enteiro.

Prezo:

Ou custo dependerá do número de semanas nas que se faga a inscrición. O prezo do campamento completo:

  • socio/a: 140 €
  • non socio/a: 175 €

Requisitos:

  • Vai dirixido a nenas e nenas a partir de 5 anos.
  • Existe a posibilidade de inscribirse por semanas soltas. Non caso de inscrición por semana, ver períodos. Na asignación de prazas terán preferencia aqueles nenos e nenas que se inscriban no campamento íntegro.
  • As nenas e nenos participantes do campamento deberán levar cada día o seguinte material:
    • Máscara
    • Roupa e calzado cómodo que lles permita correr, saltar e xogar (tamén na rúa).
    • Un par de calcetíns cómodos para podérense descalzar.
    • Unha toalla (para tombarse sobre ela).
    • Un botello de auga identificado co nome do/a neno/a.
    • Merenda para media mañá, nun recipiente ou bolsa marcada co nome do/a neno/a.

Páxina web:

http://www.sondaqui.gal/campamento/

Contacto:

Asociación Cultural Son d'aquí ​

Tel.: 717 700 814

Correo: secretaria@sondaqui.gal

A dirección do campamento corre a cargo de Manuela Varela, actriz de televisión e teatro, e mestra das actividades de Xogo teatral e o Grupo de teatro Amador en Son d'aquí. Contará coa colaboración de Paula Espada, compoñente do grupo artístico de Son d'aquí.

Actividades:

Ao longo das semanas de campamento, os nenos e nenas vivenciarán actividades de diversa índole:

  • Actividades de debuxo e pintura, a través das cales coñecerán diferentes pintores galegos.
  • A música, cancións e contos da nosa terra terán unha presenza fundamental tanto en momentos lúdicos como de relaxación ou de concentración.
  • Práctica de xogos tradicionais e populares.
  • Actividades para potenciar a creatividade, desenvolver as capacidades sociais, axudar ao control dos sentimentos e despregar estratexias de negociación, empatía e axuda mutua.
  • Farase unha achega aos ritmos, sons e bailes tradicionais galegos, contido fundamental das escoliñas d'aquí, que tanto éxito teñen entre nenas e nenos.
  • A través do xogo dramático, crearanse personaxes e gozarán coa súa posta en escena, incluíndo música e danza.
  • Os xogos a través de ioga e outras actividades de respiración e relaxación que axudarán a activar a concentración, estimular a creatividade, fortalecer músculos e potenciar a flexibilidade.
  • E moito máis!

Sempre que o tempo o permita, os xogos serán ao aire libre nalgunha das prazas situadas ao lado do local da asociación.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión