Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Campamentos de verán 2019 para a xuventude

A Concellaría de Participación e Innovación Democrática organiza, un ano máis, os campamentos municipais de verán da área de Mocidade dirixidos a rapazas e rapaces de 12 a 17 anos.

Cando:

Dende o 01/07/2019 ata o 26/07/2019

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/05/2019 ata o 22/05/2019

Horario:

De 09:00 a 14:00

  • 1ª Quenda: do 1 ao 12 de xullo 2019 
  • 2ª Quenda: do 15 ao 26 de xullo de 2019

*O campamento realizarase de luns a venres.*Os días festivos, sábados e domingos, non haberá campamento.

Enderezo:

Polideportivo Municipal de Labañou. Estrada de los Fuertes 3. 15011 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Requisitos:

  • Mozas e mozos de 12 a 17 anos (organizados en grupos de idade).
  • Nº de prazas: 90 (45 en cada quenda)
  • Asignarase un número a cada solicitude de praza atendendo á orde de entrada dos formularios de solicitude.
  • Publicación das listas provisionais: 24 de maio de 2019
  • Sorteo: 28 de maio de 2019, ás 12:00 h.
  • Publicación das listas con praza adxudicada: 30 de maio de 2019.
    • Só será adxudicado un turno de campamento por persoa.
    • Habilitarase unha listaxe de agarda en cada un dos turnos para cubrir aquelas prazas que non teñan a inscrición formalizada ou renuncien á mesma.
  • Do 3 ao 5 de xuño 2019: confirmación de praza: as persoas admitidas deberán confirmar a aceptación da praza enviando un correo electrónico a xuventude@coruna.es No caso de non recibilo no prazo establecido, a partir do 6 de xuño a praza será adxudicada á seguinte persoa da listaxe de agarda.
  • É preciso un mínimo de 30 participantes por quenda. No caso contrario, o Concello reservase a opción de anular a oferta do turno que non acade o mínimo.

Contacto:

Documentos:

Díptico Campamentos de Verán 2019 (pdf) (150 KB)

Dinámica sorteo de adxudicación de prazas Campamentos de Verán 2019 (pdf) (79 KB)

Tipoloxía de actividades

  • Multideportivas e no medio acuático: iniciación ao snorkel, kaiak, tiro con arco, propostas de deporte alternativo como kinball, floorball e ultimate, xogos deportivos na praia, deportes de equipo, etc...
  • Lúdico recreativas: xogos de rastrexo e de pistas, orientación, xeocatching, obradoiros creativos, xogos de cooperación, etc...
  • Medioambientais: sendeirismo pola contorna medioambiental, rutas de coñecemento e recollida de algas, elaboración de xogos con material de refugallo, etc...

Transporte

Habilitarase un autobús que realizará unha ruta de ida e volta con 6 paradas establecidas provisionalmente: Os Castros - Catro Camiños - Praza de Ourense - Monte Alto - Riazor - Polideportivo de Labañou.

Reunión coas familias

Finalizado o proceso de inscrición enviarase un correo electrónico para a realización dunha reunión informativa o martes 11 de xuño ás 21:00, no Espazo de Iniciativas Xuvenís .

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión