Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Charlas informativas sobre Iniciativa Xove e Galeuropa

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pon a disposición de concellos, asociacións e grupos informais de mozas e mozos un servizo de información e asesoramento sobre os programas: Iniciativa Xove e Galeuropa.

Cando:

As charlas levaranse a cabo mentres estén abertos os prazos de presentación das diferentes axudas.

Prezo:

 de balde.

Requisitos:

  • A inscripción realizarase a través do formulario electrónico do portal web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Páxina web:

xuventude.xunta.es

  •  Iniciativa Xove: programa de axudas de até 5.000€ para financiar ideas lideradas pola mocidade.
  • Galeuropa: programa de prácticas laborais de até 3 meses nalgún país da Unión Europea

A través deste servizo, que terá un formato de charla explicativa, expoñeranse as principais características dos programas e ofrecerase información práctica sobre a presentación de solicitudes. 

Os concellos e entidades, así como grupos informais ou persoas mozas  interesadas  nesta charla deberán cumprimentar o formulario que figura no portal web da Dirección Xeral. 

Recibida a referida solicitude, a dinamizadora ou dinamizador responsable da zona porase en contacto coa persoa indicada na solicitude para concretar os datos relativos ao lugar, data e horario da charla informativa.

No caso de haber varias solicitudes dentro do mesmo concello tratarase de fixar unha data común.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión