Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Coruña gráfica 2020

A edición Coruña Gráfica 2020, promovida por Demo Editorial en colaboración co Concello da Coruña, presenta unha nova programación 100% en liña para celebrar os seus 5 anos de existencia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/11/2020 ata o 31/12/2020

Páxina web:

http://www.corunagrafica.com/post/gl/24/chega-a-edicin-2020-de-corua-grfica

Contacto:

Coruña gráfica

Avda. Gramela, 19 Baixo. 15010 - A Coruña

+34 981 928 167

info@demoeditorial.com

As actividades previstas son as seguintes: 

  • Treboada creativa online é un ciclo de charlas-obradoiro en formato vídeo que se emitirán por capítulos a través da canle de Youtube de Coruña Gráfica e que permitirán entrar nos estudios de varios ilustradores dedicados a diferentes ámbitos profesionais: como en todas as actividades de Coruña Gráfica, con especial atención aos creativos locais, pero tamén cunha ollada a convidados de fóra da Coruña. Deste xeito, se coñeceran os estudios de Macús Romero (ilustración editorial, no estudio Baobab), Santy Gutiérrez (humor gráfico, no estudio Baobab), Tomás Conde e Virginia Curiá (animación stop motion, no estudio Algarabía Animación) e Víctor Coyote (banda deseñada) para descubrir, da man dos propios artistas, os procesos técnicos de creación, as súas ferramentas e os seus sistemas de traballo.
  • Actualización do directorio de profesionais vinculados á cidade da Coruña e a súa zona de influencia incorporando ademais novos autores e autoras, e difusión a través das redes de Coruña Gráfica. 
  • Exposición virtual O grafismo da pandemia (decembro), unha mostra en liña de traballos de autores locais relacionados -desde múltiples perspectivas- coa crise da Covid-19.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión