Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Exposición “Haikus” na sala Plataforma14

A sala de exposicións Plataforma14 acolle a exposición “Haikus” do novo fotógrafo Alejandro Rego Díaz (A Coruña, 1993), estudiante de filosofía na Universidade de París-Sorbona.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 20/04/2018 ata o 18/05/2018

Xa rematou

Horario:

de luns a venres de 9 a 21 h. e sábados de 9 a 14 e de 17 a 21 h.

Enderezo:

Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

de balde

Páxina web:

www.coruna.gal/cmix

Contacto:

Centro Municipal de Información Xuvenil 

Fórum Metropolitano. R/ Río Monelos, 1 (15006 - A Coruña)

Tel.: 981 184 294

correo-e: cmix@coruna.es 

Este autor, ademais do seu traballo fotográfico, recibiu o Premio de Creación Literaria na Universidade da Coruña en tres ocasións consecutivas (2012, 2013 e 2014), e algún do seus relatos e poemas foron publicados en diferentes publicacións nacionais.

"Haikus", composta por 40 fotografías tomadas ao longo do ano 2017,  é unha exposición concibida á maneira dun diario de viaxe. Un diario fragmentario e tranquilo, afastado de toda présa e de toda vontade documental, no que os lugares e as circunstancias vitais do seu autor carecen de importancia. Como na poesía xaponesa, as imaxes de haikus caracterízanse pola súa abstracción e a súa sinxeleza. Pola súa exaltación deses momentos da vida nos que non sucede nada.

Esta exposición quere celebrar esa beleza. A beleza que se esconde detrás de todo o banal.

A sala Plataforma14, pertencente á Concellaría de Participación e Innovación Democrática e coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade.

Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.gal/cmix/plataforma14

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión