Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Exposición Miró. Unha colección

A Fundación Barrié presenta na súa sede da Coruña a exposición "Miró. Unha colección", con 47 obras de Joan Miró (Barcelona, 1893 - Palma de Mallorca, 1983), un referente ineludible na historia da pintura europea e un dos artistas máis influentes do século XX. Pintor, escultor, ceramista e gravador, foi un dos máximos expoñentes do Surrealismo e un dos artistas españois con maior proxección internacional, cuxa obra chegou a exercer gran influencia tanto sobre os seus contemporáneos como sobre as xeracións  posteriores.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 30/01/2021 ata o 16/05/2021

Horario:

De luns a domingo (festivos incluídos): 11 h-14 h e 17 h-20 h.

Enderezo:

Fundación Barrié. Cantón Grande 9. 15003 A Coruña

Prezo:

Entrada gratuíta.

Páxina web:

https://fundacionbarrie.org/prensa-exposicion-miro-inauguracion

Organiza:

Fundación Barrié en colaboración con Fundación MAPFRE.

Contacto:

Suzana Mihalic. Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa Fundación Barrié

Tel.: 00 34 659 459 030 / 981 060 091

Email: smihalic@fbarrie.org

Con esta exposición a Fundación Barrié retoma a súa liña de exposicións temporais de pintura de interese histórico que pretende achegar a Galicia o mellor da arte nacional e internacional. Neste marco presentáronse mostras de grandes artistas como Pablo Ruiz Picasso, O Greco ou Joaquín Sorolla, entre outros.

40 das obras proceden da Colección que a Fundación MAPFRE mostra na súa «Espacio Miró» en Madrid, cedidas por diferentes propietarios como depósito temporal. A selección destas obras está composta por 35 pinturas ao óleo sobre diferentes soportes, 2 debuxos e 2 acuarelas con tinta chinesa. Aínda que na súa maioría trátase de pezas das últimas décadas, poderemos atopar pinturas de diferentes períodos e con distintos motivos: constelacións, mulleres, paxaros, estrelas e outro tipo de personaxes.

As outras 7 obras que se mostran, procedentes de coleccións públicas e privadas, únense a esta exposición co fin de contextualizar o seu proceso creativo e aproximar a figura e obra da Miró o público dunha forma máis didáctica. Para iso crearase un espazo que acollerá a escultura de bronce Tête de Femme, de 1974.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión