Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Exposicións GALICIA EN VILO e PRIMAVERA TRAS A VENTÁ

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta na súa Sede da Coruña o seu novo proxecto cultural «Miradas desde o confinamento». Trátase dunha proposta dual na que a fotografía tomará o protagonismo para reflectir dúas realidades diferentes e complementarias do confinamento vivido esta primavera a raíz da pandemia. Por unha banda, a exposición «Galicia en vilo» recolle as imaxes de fotoxornalistas realizadas a todas aquelas persoas encargadas de traballos esenciais ao longo deses meses. E, pola outra, «Primavera tras a fiestra» plasma as variadas realidades do ámbito doméstico daquelas persoas que enviaron as súas imaxes a Afundación para compartir un intre das súas vivencias.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Desde o 30/10/2020

Prezo:

Entrada gratuita.

Páxina web:

https://afundacion.org/ga/agenda/evento/exposicin-galicia-en-vilo

Contacto:

Sede Afundación A Coruña

Cantón Grande, 8.

15003 A Coruña

Tel.: 981 185 060

Email: socioculturales@afundacion.org

A partir da mirada profesional e persoal de diferentes profesionais da fotografía, este proxecto aborda ópticas diversas do confinamento, desde as novas formas de relacionarnos, de traballar, de estudar, facer a compra, xogar... Unha composición visual deste fito histórico, recoñecendo as ambivalencias dunha situación de extrema excepcionalidade e gravidade. Moitas das instantáneas reflicten a crise sanitaria e o inmenso sacrificio dos equipos de traballo no sector e doutros relacionados ou que xogaron un papel especial en tempos de coronavirus, e, asemade, outras moitas reflicten intres de intenso cariño, tempos compartidos e de aprendizaxe en familia.

Galicia en vilo. Aborda o confinamento a través da mirada dos profesionais da imaxe, eles tomaron o pulso ao que estaba a suceder en rúas, hospitais, estradas, dando testemuño daquilo que non puidemos ver desde as nosas casas. A súa mirada convérteos en testemuñas e notarios da Historia, que agora comparten connosco desde a cidade da Coruña.

Sete fotoxornalistas galegos, Óscar Corral (fotoxornalista de El País Galicia), Mónica Vila (fotógrafa freelance), Agostiño (fotógrafo freelance, actualmente en La Voz de Galicia), Brais Lorenzo (fotoxornalista, habitualmente en EFE noticias e Faro de Vigo), Miguel Muñiz (fotógrafo freelance), Miguel Riopa (fotoxornalista, Agence France - Presse), e Xoán A. Soler (La Voz de Galicia), asinan as imaxes que xa se poden contemplar.

Lugar: Exposición de rúa, situada na Zona do Obelisco na Coruña.

Primavera tras a ventá. A mirada doméstica complementa á profesional, neste caso son os particulares os que acudiron á chamada do concurso fotográfico Álbum Covid de Afundación e compartiron con Afundación primeiro, e agora con visitantes á exposición, a historia do confinamento de portas cara adentro. A vida detida nos fogares e plasmada en imaxes nas que as emocións afloran, e a creatividade e sensibilidade mestúranse en fotografías cargadas de mensaxe.

Lugar: Sede Afundación A Coruña.

As exposicións temporais de Afundación abren as súas portas con actividades para escolares e protocolos especiais de distancia social e limpeza que, cos máis pequenos se converterán nun xogo didáctico máis:

ESCOLARES

  • Un virus con coroa. Visita-conto con obradoiro. Educación Infantil a 3º de Primaria
  • Facendo historia. Visita con taller. 4º de primaria a 2º de ESO
  • A pandemia que o mudou todo. Visita taller. 3º e 4º de ESO, bacharelato e CF

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión