Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

IX Encontro artes pola integración

O proxecto "Encontro artes pola integración" ten como obxectivo xeral romper as brechas e substituílas por vías de acceso bidireccionales entre artistas e persoas con capacidades diferentes, entre a comunidade e os excluídos e entre estes e a sociedade para fomentar o coñecemento, o recoñecemento e en definitiva a inclusión social.

Obxectivos:

  • Visibilizar a arte e o talento creativo de persoas con diversidade funcional.
  • Normalizar a diversidade en circuítos culturais e evitar as etiquetas.
  • Saírse da endogamia das asociacións e permitir a través de proxectos inclusivos e comunitarios, dar acceso a todo tipo de persoa con necesidade de enfocar a súa profesión a través da arte.
  • Profesionalizar a inclusión social e as Artes, permitindo dar acceso ao mercado laboral cultural a persoas con necesidades especiais.
  • Incluír, buscar lazos de unión e de respecto e de aprendizaxe para toda persoa.

As diferentes facetas deste proxecto integrador e transformador teñen tamén por obxectivo utilizar a arte visual, o cinema, a música, a danza, o teatro e as técnicas dramáticas como un instrumento eficaz para a comprensión e a procura de alternativas a problemas sociais e interpersoais derivados da exclusión.

PROGRAMACIÓN.

  • Venres 4:

Deep End, Danza Contemporanea. Carlota Pérez e Yordi Cortés.

20.30h Espazo: MEGA ESTRELA GALICIA.

Mostra do proxecto sobre peregrinacións en cidades sacras da India a cargo de Luisa Rubianes e Carlota Pérez.

23.00h Espazo: Edificio Abandonado na Cidade Vella.

  • Sábado 5:

Reflexión diversa.

11:00h Espazo: Fundación Luís Seoane

Representación "Construindo soños" Compañía 5s. Mostra de cultura inclusiva 2019.

13.30h Espazo: Fundación Luís Seoane

FLAMENCO INCLUSIVO .- Compañía de JOSÉ GALÁN

18:00h Espazo: Centro Ágora

Mostra de traballo realizado por nenos no (Festival de arte e Natureza da Ribeira Sacra do Miño)

18.30h Espazo: SACRA CÍNEMA.

Compañía Danza móbile. Helliot

21.00h Espazo: Teatro Rosalía de Castro

  • Domingo 6:

MasterClass Compañía Danza móbile.

11:00h Espazo.- Igrexa de Oza e grafitis do porto de Oza

Espectáculo de danza inclusiva de Allariz patrocinado pola Fundación LACAIXA. Dirección de NURIA SOTELO.

13.00h Espazo.- Igrexa de Oza e grafitis do porto de Oza

  • De mércores día 2 a venres día 5:

Taller de danza integrada con ADAN BENJAMÍN (Reino Unido) tradución Jordi Cotés.

Espazo: Centro Ágora

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión