Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Nocturnia febreiro-xullo 2019. Programa de ocio alternativo

Cando:

Dende o 22/02/2019 ata o 06/07/2019

con diferentes prazos de inscrición para cada actividade

Nocturnia é o programa de ocio para a xuventude do servizo de Mocidade da Concellaría de Participación e Innovación Democrática. Tenta ofrecer unha serie de actividades gratuítas para que a xente nova, de entre 12 e 30 anos, as teñan en conta á hora de planificar as súas fins de semana. Actividades deportivas, artísticas, audiovisuais, lúdicas, etc. Moitas delas están preparadas por asociacións e colectivos xuvenís, coa única finalidade de que pasen un momento agradable e divertido coa súa xente e con outras persoas

PARA PARTICIPAR EN NOCTURNIA...

1. Bótalle un ollo a todas as actividades (descarga o .pdf coa programación completa)  

Mira as que sexan para a túa idade. Lembra que son para persoas de 12 a 30 anos, aínda que algunhas poden concretar máis as idades dentro de cada tramo.

2. Mira as datas, os lugares e as horas nas que teñen lugar. Fíxate tamén no número de sesións.

3. Se xa sabes a cales ir, inscríbete nos prazos axeitados e mira toda a información do programa en coruna.gal/cmix e en coruna.gal/participacion.

OLLO, que hai novidades! As inscricións ábrense os luns ás 16.00 h e péchanse os xoves ás 12.00 h, ou ata esgotar as prazas.

4. Ah! Se as actividades son de continuidade, só tes que inscribirte unha vez.

5. Segues con dúbidas? Consúltanos calquera cousa que precises a través do correo-e nocturniacoruna@gmail.com

IMPORTANTE: Non esquezas traer o teu DNI ás distintas actividades nas que te inscribises.

Todas aquelas inscricións que non leven os datos correctamente cumprimentados serán dados de baixa nas actividades e notificado á persoa en cuestión a través de correo electrónico no caso de que sexa posible.

Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna (descarga aquí o modelo de autorización), ademais da copia do DNI da persoa que autoriza.

Inscrición nas próximas actividades: desde o 22/04/2019 ás 16.00 h. ata o 25/04/2019 ás 12.00 h., ou ata esgotar as prazas.

Actividades do 26 e 27 de abril de 2019:

ACTÍVATE AO TEU RITMO

Ven a escalar! Escalada en rocódromo

  • Venres, 26 de abril de 2019
  • De 21.30 a 24.00 h.
  • Frontón de Riazor

Danza expresión

  • Venres, 26 de abril de 2019
  • De 21.00 a 24.00 h.
  • Centro Ágora

Iniciación ás técnicas de circo

  • Sábado, 27 de abril de 2019
  • De 18.00 a 19.30 h.
  • Zo, Centro de Formación de Circo

Taller de danza hawaiana

  • Sábado, 27 de abril de 2019
  • De 21.00 a 23.00 h.
  • Espazo de Iniciativas Xuvenís

CREA, COÑECE E IMAXINA

Obradoiro de universos en botellas

  • Venres, 26 de abril de 2019
  • De 21.00 a 23.00 h.
  • Centro Ágora

Taller de creación de estruturas móbiles

  • Sábado, 27 de abril de 2019
  • De 21.00 a 23.00 h.
  • Espazo de Iniciativas Xuvenís

DESCUBRE, XOGA E EXPERIMENTA

Obradoiro de air guitar

  • Venres, 26 de abril de 2019
  • De 21.00 a 23.00 h.
  • Centro Ágora

Todo o mundo á mesa

  • Venres, 26 de abril de 2019
  • De 21.00 a 23.00 h.
  • Centro Ágora

E, por último, para as actividades que precisen algo específico (roupa cómoda ou deportiva, traxe de baño e gorro...) enviarémosche un correo electrónico ou un SMS indicándocho.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?