Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

(S8) 2020 Mostra de Cinema Periférico - Edición Dual

O (S8) Mostra de Cinema Periférico celebrará a súa undécima edición explorando un novo formato dual. Nel combinará diversas performances, encontros e proxeccións na cidade da Coruña cunha serie de formatos deseñados para a súa emisión a través da web e as redes sociais do festival.

Cando:

Dende o 27/09/2020 ata o 03/10/2020

Prezo:

Reserva previa de entradas gratuítas.

Para acudir as sesións será preciso realizar reserva previa de entrada, de xeito gratuíto, cun máximo de dúas por persoa dende ás 13 h do día anterior a sesión, até o mesmo día ás 13h.

As entradas serán nominais, para garantir un rexistro de espectadores que permita realizar a trazabilidade en caso de ser necesario. 

Os accesos a cada sesión abriranse 45 minutos antes do comezo. Compre destacar que as entradas NON validadas 10 minutos antes do inicio da sesión poderán reasignarse a outra persoa.

Requisitos:

PROTOCOLO COVID19:

  • Establécese un protocolo COVID-19 que se debe seguir en cada espazo. No mesmo recóllese a desinfección de mans con xel hidroalcohólico no acceso, e o uso obrigatorio de máscara en todo momento (salvo presentación de xustificante que acredite estar exento de facelo). O percorrido de entrada e saída estará debidamente sinalizado, e debése ocupar a cadeira asignada, non podendo cambiar o seu emprazamento nin a cadeira.
  • Ao final do espectáculo deberase prestar atención ás indicacións do equipo de acomodación para evacuar o recinto de forma organizada, escalonada e controlada. Os espazos baleiranse completamente de público para proceder á hixenización do mobiliario entre as montaxes. 

Páxina web:

https://s8cinema.com/

Contacto:

Nesta edición dual, a Mostra amosará máis que nunca o seu carácter internacional: chegará a todos os rincóns do mundo con contidos en galego, castelán e inglés e reforzará especialmente o seu carácter divulgativo. O (S8) non perderá a súa esencia e continuará a ser un punto de encontro da comunidade e un espazo para o descubrimento e inspiración de cineastas e artistas. O único que cambiará é que, nesta ocasión, espallará os contidos do festival por todo o mundo. Deste xeito, a formación de públicos e a descuberta de creadores e creadoras continuarán a ser dous dos eixos principais da programación do evento.

O festival contará con seccións xa coñecidas polo público -Xerme, Sinais, Sinais en Curto, Desbordamentos...- pero tamén incorporará varios formatos e contidos novos creados en exclusiva para esta edición. É o caso de Camera Obscura, un novo espazo na rede que nace tomando como referencia o coñecido programa de cine experimental Screening Room.

Camera Obscura: os protagonistas

Neste Camera Obscura, o público poderá coñecer a fondo os procesos de traballo de cineastas como Amy Halpern, Tomonari Nishikawa, Alexandre Larose e Valentina Alvarado, repasando a súa obra a través do visionado online dalgunhas das súas películas. Ademais, nesta sección tamén haberá oco para lembrar a traxectoria dunha das personalidades máis especiais que pasaron polo festival: o recentemente falecido Luther Price.

Programa completo en: https://s8cinema.com/programa/

LUGARES: 

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión