Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Veraneo xove 2020 edición setembro

Aventeira S.Coop. Galega presentan o Veraneo Xove, edición setembro, unha alternativa de lecer saudable, seguro e en contacto coa natureza para a xuventude galega.

Cando:

Dende o 01/09/2020 ata o 04/09/2020

Inscricións:

Ata o 10/08/2020

Información e inscricións: tel. 722 342 658 - aventeira@aventeira.com 

Horario:

A actividade comezará o luns ás 11:00 h. e rematará o xoves ás 14:00 h.

Prezo:

230 euros por persoa.

Está incluído no prezo o almorzo, o xantar e a cea. A pernocta terá lugar en tendas de campaña. Tamén está incluída.

Requisitos:

  • Mozos e mozas de entre 18 e 25 anos.
  • Precisa inscrición: cubrir o formulario. Ingresar 100 euros en concepto de reserva de praza na conta de Triodos ES61 1491 0001 2630 0011 1277. Concepto: "Veraneo" seguido do teu nome. Esta cantidade non é reembolsable no caso de que te deas de baixa durante o proceso (é a cantidade que asegura a viabilidade da celebración da actividade!). Descontaráseche do prezo total ao realizar nun segundo pago e si se reembolsará na súa totalidade no caso de que non se puidese realizar o programa porque non se cubriran as prazas mínimas.
  • Enviar o resgardo do ingreso ou da transferencia na conta ao correo aventeira@aventeira.com, poñendo no asunto a palabra "Veraneo".
  • Poñeranse en contacto contigo a través de correo electrónico dúas veces. Unha primeira para confirmar a recepción da reserva e do pago, e unha segunda para confirmar a celebración do Veraneo Xove, informar dos prazos para realizar o resto do pago e darche algunha  información práctica.

Páxina web:

http://aventeira.com/veraneo-xove/

Contacto:

Aventeira S. Coop. Galega

Teléfonos: 722 342 658, 722 349 493 e 722 349 497

Correo electrónico: aventeira@aventeira.com

O Veraneo Xove promove a desconexión do mundo dixital e a estancia durante catro días nun entorno rural, ao carón de lugares únicos que visitar e con rutas e praias ben preto. É un xeito de coñecer xente nova, convivir nun lugar distinto establecendo unhas pautas comúns e facer actividades diferentes ás que constitúen a rutina do día a día.

Estas son algunhas actividades:

  • Desfrutar da iniciación a actividades náuticas e de aventura, como a iniciación ao surf, o kaiak ou roteiros, ademais de desfrutar da piscina.
  • Descubrir a contorna a través de actividades de exploración do medio natural e visitaremos as praias dos arredores.
  • Coñecer aos compañeiros e compañeiras a través de veladas, actividades de cohesión e distensión e grandes xogos ambientados.

Lugar: no incrible espazo do Camping das Sisargas, en Malpica, un camping que conta con piscina, sala de xogos e un amplo espazo aberto, ademais dos servizos básicos de aseo e toma de luz.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión