Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
47 resultados
Dende o 25/01/2021 ata o 22/03/2021
Regresa ao centro Ágora a programación poética cunha nova edición do ciclo Poetas Di(n)versos, dirixido pola poeta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño. A primeira sesión, que se celebrará o luns 25 de xaneiro, contará cun dos máximos expoñentes do realismo sucio, Roger Wolfe, e do santiagués Carlos Santiago, cuxa poética está vinculada á escena en proxectos como a Sala Nasa ou a Psicofónica de Conxo.
Durante o estado de alarma.
O Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña organiza un Programa deportivo "en liña", coa finalidade de axudarvos a manter unha vida activa e saudable, e sen saír da casa axudarche a facer o exercicio que precisas, e coidarnos entre todas e todos.
23/10/2021
O Ballet Nacional Ruso, dirixido por Serguey Radchenko presenta “O Lago dos Cisnes”, cun corpo de baile de 45 bailaríns e virtuosos solistas.
Dende o 13/03/2021 ata o 21/03/2021
Tes ata o 07/03/2021 para abrir o teu punto
O Proxecto Libera pretende contribuír a acabar co grave problema que supón o abandono de lixos e residuos nos espazos naturais grazas a unha nova acción de ciencia cidadá, e abren a convocatoria para coñecer o estado das nosas contornas acuáticas de interior, e liberalas de basuraleza en "1 m2 polos ríos, encoros e pantanos".
29/01/2021
Para conmemorar o 40 aniversario do Jazz Filloa, festexarase cun Concerto no teatro Colón.
12/11/2021
Despois de virar por toda España e que máis de 50.000 espectadores visen “Mongolia, o Musical 2.0.”, Mongolia estrea o seu novo espectáculo “Mongolia sobre xeo”.
28/01/2021
Regueifas de Ciencia é unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela e está financiada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), pertencente ao Ministerio de Ciencia e Innovación. A exposición e confrontación de ideas é consustancial ao coñecemento científico. A actividade do debate busca expor e dar a coñecer as posturas, fundamentos e argumentos das distintas posicións ao redor dun tema.
31/01/2021
Sesións de Rock en familia, desta vez coñecendo ó mítico grupo español "Mecano".
Dende o 25/01/2021 ata o 14/05/2021
Benestar Social abre unha nova convocatoria de actividades socioculturais en liña e gratuítas.
01/02/2021
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros porxectará no Forum Metropolitano o documental: Camilo: o último guerrilleiro de Galicia.
resultados 47
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible