Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

20 bolsas de formación en materia de arquivos

A Consellería de Cultura e Turismo convoca bolsas de formación relacionada cos procesos técnicos que se realizan no ámbito dos arquivos e os seus fondos documentais. As persoas bolseiras realizarán a súa actividade nos arquivos do Sistema de Arquivos de Galicia e nos servizos centrais da Consellería.

Inscricións:

Ata o 18/03/2020

Duración:

Máximo 6 meses.

Requisitos:

  • Ter grao universitario ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, cunha configuración curricular en que predomine a formación en historia e/ou arquivística.
  • Acreditar dominio da lingua galega, nivel iniciación, mediante título oficial ou certificado Celga 3.
  • Non se beneficiar anteriormente destas mesmas bolsas durante un período igual ou superior aos doce meses, nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, ao xuízo da Dirección Xeral de Políticas Culturais, logo de iniciado o período de vixencia.
  • Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda durante o período de duración. 
  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Remuneración / Dotación:

O importe bruto mensual de cada bolsa será de 895,05 €.

Páxina web:

Sede electrónica: procedemento CT110A

Contacto:

Consellería de Cultura e Turismo. Dirección Xeral de Políticas Culturais 

Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n. 15707 Santiago de Compostela

Teléfono: 881 995 087 / 981 957 826 

www.cultura.gal 

Publicación: DOG 18/02/2020

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión