Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

250 bolsas de introdución á investigación "JAE Intro"

O Ministerio de Ciencia e Innovación convoca bolsas de introdución á investigación "JAE Intro", no marco do Programa «JAE».

Inscricións:

Dende o 09/03/2020 ata o 10/06/2020

Duración:

5 meses.

Requisitos:

  • Solicitantes:
    • Poderán ser solicitantes todas aquelas persoas que estando matriculadas nun grao no curso académico 2019-2020, teñan polo menos o 80 % dos créditos (ECTS) correspondentes ao grao completados.
    • Poderán ser solicitantes aquelas persoas que vaian ser estudantes de Máster Universitario oficial no curso 2020-2021. Solicitando a preadmisión, admisión ou matrícula a un Máster Universitario oficial para o curso 2020-2021.
    • Poderán ser solicitantes todas aquelas persoas que estean matriculadas nun Máster Universitario oficial no curso 2019-2020.
  • Nota media igual ou superior a 8.00 para todas as ramas de coñecemento, excepto para Enxeñería e Arquitectura que será igual ou superior a 7.00.
  • Non estar en posesión ou en disposición legal de obter un título académico de Doutor.
  • Non gozar dunha bolsa de introdución á Investigación dentro do programa JAE en convocatorias anteriores.

Remuneración / Dotación:

A dotación das bolsas será de 3.000 euros.

Páxina web:

www.csic.es

Contacto:

CSIC - Consello Superior de Investigacións Científicas

Serrano, 117. 28006 Madrid

Tel. 91 568 14 00

Contacto: jaeintro@csic.es

Publicación: BOE 27/02/2020

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 497093

Resolución de 14 de maio de 2020, da Presidencia da Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, pola que se renova, ata o 10 de xuño de 2020, o prazo de entrega de solicitudes da convocatoria "JAE Intro" 2020, que quedara suspendido con motivo da entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo.

250 bolsas para estancias de 5 meses consecutivos, a realizar a partir do 1 de setembro de 2020 ou 1 de outubro de 2020 en Institutos do CSIC, propiciando unha aproximación ao coñecemento dos problemas científico-técnicos de actualidade e aos métodos utilizados para a súa resolución.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión