Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, para o alumnado do SUG que participa en Erasmus Estudos

Inscricións:

Ata o 02/02/2018

Duración:

Estadías dun máximo de nove meses e dun mínimo de tres meses

Requisitos:

  • Estar matriculado no curso 2017/18 en calquera das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para realizar estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.
  • Participar no programa de mobilidade universitaria con fins de estudos con autorización da universidade de orixe e ser beneficiario da axuda do programa Erasmus+ xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación.
  • Non ter desfrutado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.
  • Queda excluído desta convocatoria o alumnado que, con nacionalidade distinta á española, realice a mobilidade nos seus países de orixe. 
  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED417A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal 

Remuneración/Dotación:

  • As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países determinados no programa Erasmus+:
    • De 195 euros/mes para un país de destino do grupo 1: Dinamarca, Irlanda, Francia, Italia, Austria, Finlandia, Suecia, Reino Unido, Liechtenstein, Noruega.
    • De 165 euros/mes para un país de destino do grupo 2: Bélxica, República Checa, Alemaña, Grecia, Croacia, Chipre, Luxemburgo, Países Baixos, Portugal, Eslovenia, Islandia, Turquía
    • De 125 euros/mes para un país de destino do grupo 3: Bulgaria, Estonia, Letonia, Lituania, Hungría, Malta, Polonia, Romanía, Eslovaquia, Antiga República Iugoslava de Macedonia

Páxina web:

Sede electrónica: procedemento ED417A

Contacto:

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 544 430

Publicación: DOG 02/01/2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2017/18.

Non perdas

Actividades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?