Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Axudas para a realización de cursos de idiomas na estranxeiro - Fundación ONCE

Fundación ONCE puxo en marcha un programa de axudas de mobilidade internacional para que a mocidade con discapacidade de entre 18 e 29 anos poida estudar inglés, francés ou alemán nalgún país da Unión Europea cuxa lingua oficial sexa un destes tres idiomas.

Cando:

Os cursos formativos poderanse desenvolver ata o 31 de decembro de 2020.

Inscricións:

Ata o 30/09/2020

Requisitos:

  • Ter unha discapacidade cun grao igual ou superior ao 33%, recoñecida oficialmente polo organismo competente da súa comunidade autónoma.
  • Ter cumpridos os 18 anos e non ter máis de 29 anos no momento da solicitude.
  • Ser beneficiario/a do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no momento da solicitude.
  • Estar en posesión dun nivel mínimo B1 do idioma para o que se solicita a axuda ou outro título ou nivel asimilado, sendo estes os descritos no apartado IV da presente convocatoria.
  • Matricularse nalgún curso de idiomas no estranxeiro dun mínimo de 4 semanas e un máximo de 12 semanas de duración, durante as cales se deberá recibir formación no idioma seleccionado de polo menos 20 clases semanais dun mínimo de 40 minutos cada unha.
  • Comprometerse á contratación, pola súa propia conta, e en caso de resultar beneficiarios da axuda, dun seguro de asistencia en viaxe que comprenda a totalidade do período de estancia no estranxeiro para realizar o curso.

Remuneración / Dotación:

As axudas son para sufragar o custo da formación, así como os gastos de viaxe e estancia no estranxeiro, dun mínimo de 4 semanas e un máximo de 12 semanas, segundo o seguinte esquema:

  • Programas de 4 semanas......2.000 euros
  • Programas de 6 semanas......3.000 euros
  • Programas de 8 semanas......4.000 euros
  • Programas de 10 semanas....5.000 euros
  • Programas de 12 semanas....6.000 euros

Páxina web:

Convocatoria

Organizador:

Fundación ONCE

Contacto:

Fundación ONCE

Tel.: 91 506 88 68 / 91 506 89 46

idiomas@fundaciononce.es

http://www.fundaciononce.es

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión